Skip to Content

Listado Definitivo de Admitidos Curso Escolar 2013-2014

Unha vez rematado o prazo legal e non habendo ningún tipo de reclamación, elévase a definitiva a lista adxunta de alumnado admitido.

Listado Definitivo de admitidos para o curso escolar 2013-2014 (formato pdf).

Festival Letras Galegas 2013

Xa tedes na Galería de fotos do cole as correspondentes ao pasado Festival do Día das Letras Galegas. Esperamos que vos gusten.

A Voz dos nen@s Curso 2012-2013

Xa tedes a vosa disposición o número da Voz dos Nen@s correspondente a este curso. Agardamos que vos guste.

Listado Provisional de Admitidos Curso Escolar 2013-2014

Adxúntase o listado provisional de admitidos para o vindeiro curso escolar 2013/2014.

O prazo de posibles reclamacións ante o Consello Escolar do centro é de CINCO días hábiles a contar dende o 09 de Abril.

Listado Provisional de Admitidos 2013/2014

Exposición Educativa Itinerante: "Adopción, la mirada de los protagonistas".

A Exposición Educativa Itinerante "Adopción, la mirada de los protagonistas", está no noso centro.

Trátase dunha exposición formada integramente por obras realizadas por nenos/as adoptados/as e os seus irmáns/irmás no marco dun programa da Fundación María José Jove para facilitar a integración no contexto escolar dos nenos/as adoptados/as.

 

Obxectivos:

  • Sensibilizar, formar e educar a poboación escolar, e normalizar a visión da adopción como outro xeito de facer familia.
  • Xerar na poboación escolar atitudes, condutas, valores e relacións que faciliten a integración dos nenos adoptados e procedentes doutras culturas.

Distribuir contido



by Dr. Radut