Skip to Content

Visita Papá Noel

Hoxe, mércores 18, os alumnos de ed. infantil e 1º ciclo de ed. primaria tivemos a visita de Papá Noel e os seus elfos rockeros.

Pasámolo moi ben escoitando as súas cancións.

Nadal 2013

Un ano máis xa está aquí o Nadal. E de novo tivemos o concurso de postais. Aquí tedes o vídeo coas gañadoras desta edición, movede o rato baixo estas líneas e dádelle ao "play" para visualizalo, e FELIZ NADAL e PRÓSPERO 2014!

Magosto 2013

 Magosto 2013

O pasado venres 15 de novembro celebramos o Magosto.

Este ano coa novidade dos I XOGOS DO MAGOSTO, que xa vos adiantamos que foron todo un éxito.

Mentres as castañas se ían facendo no carriño do castañeiro, nas pistas do cole tiveron lugar os xogos para os nenos/as de ed. infantil. En 20 grupos (con nenos de 3, 4 e 5 mesturados) e cun capitán de equipo que era un alumno/a de 6º de ed. primaria participamos nos dez xogos (duplicados en dous itinerarios: verde e amarelo):

  1. carreira de castañas nas culleres
  2. pasa a castaña
  3. debuxo do Magosto
  4. roupa e calzado do revés
  5. colar de castañas
  6. sopa de letras
  7. cantiga do Magosto
  8. puntería de castañas
  9. puzzle do outono
  10. xogo dos aros


Cando transcorría o tempo fixado iamos pasando dun xogo a outro ata ter cuberto o carnet de participación en todos.

Ao remate, e logo de que se repartisen os cucuruchos que fixemos nas clases, e que baixasen os compañeiros de ed. primaria, comemos as castañas (mercadas pola ANPA). Estaban riquísimas!

Unha vez que terminamos de celebrar o Magosto comezaron os Xogos para os nenos/as de ed. primaria. Cunha dinámica similar (20 equipos en dous itinerarios de 10 xogos).

Foi unha xornada estupenda!

Grazas a todos/as os organizadores, colaboradores e participantes.

Facede clic na foto para ir á galería do evento.

Visita ao Museo de Arte Contemporáneo

Ao igual que os nosos compañeiros de A e B, os nenos de Ed. Infantil 5 anos C e D tamén viistamos o día 20 de Novembro o Museo de Arte Contemporáneo, e participamos na actividade de Fantasmagorías. Divertímonos moito!

Visita ao Museo de Arte Contemporáneo

O día 6 de Novembro os alumnos de ed. infantil de 5 anos A e de 5 anos B fixemos unha visita ao MAC (Museo de Arte Contemporáneo) e participamos na actividade Fantasmagorías.

Pasámolo de medo!

Ed. Infantil 5 anos A 13/14

Ed. Infantil 5 anos B 13/14

Distribuir contido



by Dr. Radut