Skip to Content

O Alborada súbese ao tren

Neste ano vindeiro o noso cole quere subirse ao tren.

A nosa idea é explorar este medio de locomoción, co que non sempre os pequenos/as están familiarizados, percorrer os mapas, entender a súa importancia presente e pasada, visitar de xeito real e/ou virtual os lugares polos que pasan as súas vías e coma sempre desfrutar e pasalo moi ben durante a viaxe.

 

Xa sabedes que sempre estamos dispostos a aprender de vós. Así pois se o voso traballo está ou estivo relacionado cos trens, se vos encantan e queredes contarnos cousas sobre eles, se sodes bos contacontos e coñecedes historias nas que o tren sexa o protagonista...sodes coma sempre benvidos/as.

 

Animádevos a facer cos pequenos/as e cos mestres/as esta viaxe!!

 



blog | by Dr. Radut