Skip to Content

O Nadal xa está aquí

 

Festival de Inverno:

Agora que por fin parece que retomamos a normalidade, queremos abrir de novo as portas ás familias no Festival de Inverno.

O alumnado de infantil actuará o día 20 de decembro entre as 11:00 e as 12:00

O alumnado de Primer ciclo (1º e 2º curso de primaria) actuará o día 20 de decembro entre as 9:30 e as 10:30.º 

O alumnado de segundo ciclo (3º e 4º curso de primaria)actuará o día 19 de decembro entre as 9:30 e as 10:30.

O alumnado de terceiro ciclo (5º e 6º curso de primaria)actuará o día 19 entre as 11:00 e 12:30 

 

Cada neno/a disporá de 2 entradas agás no caso do terceiro ciclo que, por problemas de aforo deberá confirmar a súa asistencia previa antes do día 15 ao titor/a por abalar ao obxecto de distribuir 1 ou 2 entradas en función do número de familias que desexen acudir.

As familias accederán pola porta vermella lateral ao salón de actos e sairán polo mesmo acceso.

Lembrade que non se debe sacar fotos nin facer videos dos pequenos/as pois non só estamos a capturar a imaxe do noso fillo/a senón tamén a doutros rapaces e rapazas.

As familias que precisen o elevador deberán acceder pola porta principal.

 

Chocolatada e fin de ano anticipado:

 O día 22 celebraremos a xa tradicional chocolatada e as badaladas anticipadas.

Por ese motivo agradeceriamos que mandasedes aos pequenos/as ben guapos e guapas ese día e que lles enviedes na merenda 12 uvas ou 12 pequenos alimentos (lacasitos, anacos de fuet...o que prefiran) que podan tomar coas nosas badaladas anticipadas.

AdxuntoTamaño
Merry Christmas and Happy New Year Greeting Card.pdf1010.5 KB
Merry Christmas and Happy New Year Greeting Card.jpg259.54 KB



blog | by Dr. Radut