Un dos robots que temos para traballar e True-True.
Este robot é pequeniño e permítenos empregalo sobre unha mesa, en espazos pequeniños e ademáis pode programarse de xeito sinxelo empregando, entre outras cousas, unhas cartas que debemos "darlle de comer"
Para comezar os mestres e mestras aprendemos a manexalos e creamos taboleiros de xogo a modo de exemplo para os nosos rapaces/as.
Despois os rapaces maiores practicaron o seu manexo e finalmente comezamos a ensinarlle a algúns dos grupos dos pequenos/as como funcionan.
Agora nós mesmos imos comezar a deseñar taboleiros de xogo para el.
Pensaredes que é algo que só ten que ver coa robótica ou a programación pero o certo é que ese é só o cabo do fío dun novelo enorme.
Cando facemos unha cousa tan sinxela coma un taboleiro para True-True ou convivimos para aprender a manexalos poñemos en marcha mil destrezas: medimos, creamos unha narrativa, falamos, negociamos e chegamos a acordos, equivocámonos, arranxamos os erros, pedimos axuda, responsabilizámonos, deseñamos sobre papel e en soporte dixital, adaptámonos ás necesidades do outro...