PRAZO PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRITO
Comeza o proceso de admisión e matrícula para o vindeiro curso 2024-25 coa reserva de praza nos centros de adscrición.
Do 15 de xaneiro ao 05 de febreiro o alumnado de 6º de primaria que desexe continuar os seus estudos no IES EDUARDO BLANCO AMOR (centro ao que está adscrito o noso centro), debe presentar o impreso de solicitude de reserva de praza
a) na secretaría do centro
b) por vía telemática
A solicitude de admisión pode cubrirse por vía telemática na páxina web www.edu.xunta.gal/admisionalumnado no apartado Solicitudes - Reserva - Crear.
Feito iso poden optar por:
- Imprimir dito formulario e entregalo na secretaría do noso centro.
- Presentalo na Sede Electrónica a través da aplicación, se dispoñen de certificado dixital ou Chave365.
Tamén poden descargar o Impreso de solicitude ou solicitalo no centro, para cubrilo a man e entregalo posteriormente en secretaría.
- Enlace á información na páxina web da Consellería
- Impreso de solicitude en galego
- Impreso de solicitud en castellano
- Aplicación AdmisiónAlumnado
CONMEMORACIÓN DO 25N...2023
O venres conmemoramos o Día contra a Violencia de Xénero. Decoramos o centro, pedimos que o alumnado viñese cun pano morado na cabeza e despois do recreo celebramos un acto no patio.
Neste acto leron tres alumnos/as de 5º de primaria un manifesto e ao rematar todos os cursos cantaron e bailaron unhas cancións que prepararon na aula coa profe Maite e o seu profesorado.
Fixérono xenial!!
Agardamos que esta conmemoración lles permita ver que a sociedade precisa un cambio, para que ningunha muller máis sufra a violencia de xénero.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »