O NOSO CENTRO

 

CEIP PLURILINGÜE PROFESOR ALBINO NÚÑEZ

ENDEREZO: Casardomato, Nº 1, O Pino - 32001-Ourense

TELÉFONO: 988 78 88 96

CORREO ELECTRÓNICO: ceip.albino.nunez@edu.xunta.gal

PÁXINA WEB:www.edu.xunta.gal/centros/ceipalbinonunez

OFERTA EDUCATIVA: Educación Infantil e Educación Primaria

 

NOTIFICACIÓN AUTODECLARACIÓN COMEDOR ESCOLAR

Preme na imaxe para abrir o documento aclaratorio

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Informamos de que xa está publicado o listado provisional do Fondo de Libros.

Pode consultarse: 

a) na aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

b) no taboleiro informativo que está no interior do colexio, en horario de 10h a 13h. 

INFORMACIÓN COMEDORES ESCOLARES CURSO 2024-2025

Aquí tedes toda a información relacionada co comedor escolar para o curso 2024-2025

Ábrese o prazo para solicitar ser colaborador voluntario de comedor (anexo IV).

É recomendable que quen esté interesado en colaborar no servizo de comedor  presente a solicitude o antes posible.

 

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 

Premendo na seguinte imaxe podedes ver as actividades que levamos a cabo pola semana das letras

MATRÍCULA CURSO 2024-2025

Recordamos ás familias de todo o alumnado de nova admisión  que do 20 ao 30 de xuño estará aberto o prazo para a formalización da matrícula. 

 Resumo da documentación a presentar

Nos seguintes enlaces podedes descargar os impresos que hai que cubrir, que están tamén á vosa disposición na secretaría do centro. 

 ANEXO III- 1 Documento de formalización de matrícula educación infantil e primaria

 Elección de relixión católica ou atención educativa (infantil)

 Autorización actividades extraescolares

 Ficha médica para comedor

 Autorización uso imaxe 

 Teléfonos familiares  (indicar a orde de chamada)

REMATE SOLICITUDE FONDOLIBROS PARA LIBROS E MATERIAL

RECORDAMOS QUE O PRÓXIMO

VENRES 21 DE XUÑO REMATA O PRAZO

PARA A ENTREGA DE SOLICITUDES 

PARA O FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024-2025

O COFRE DAS PALABRAS VIAXEIRAS

Velaquí vos presentamos o dicionario dixital plurilingüe elaborado coas investigacións feitas polo alumnado para traducir aos idiomas dos países que traballaron durante o curso grazas ao proxecto de centro “Unha viaxe polo mundo” as palabras en galego propostas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en conmemoracións sinaladas como Samaín, Magosto, Nadal e Entroido.

Agardamos que vós guste tanto coma a nós! 

 Dicionario Cofre Das Palabras Viaxeiras

Powered by Drupal - Design by artinet