OURENCANTO

O luns 8 de abril, todo o alumnado de 4º curso de primaria participou nunha actividade dos programas educativos que ofertan ós colexios, o Concello de Ourense. A actividade denomínase Ourencanto. O fin da actividade, era acercar a música coral ao alumnado e fomentar a escoita atenta. Durante a actividade, o alumnado escoitou a interpretación dun conto musical “A nena e o avó” e participou na interpretación de cancións sinxelas e acompañamento de pequenas coreografías.

https://www.laregion.es/video/videos-ourense/ourencanto-pone-valor-musica/202404072208561284876.html

https://www.facebook.com/ourencanto/?locale=es_ES

ECOPERCUSIÓN

O mércores 3 de abril, todo o alumnado de 6º curso de primaria participou nunha actividade dos programas educativos que ofertan ós colexios, o Concello de Ourense. A actividade denomínase Ecopercussión e foi moi motivadora e gratificante para o alumnado. Consistía na creación dunha banda de percusión, con material de reciclaxe, para traballar distintos patróns rítmicos utilizando a percusión vocal e corporal.

 

 

INFORMACIÓN SOBRE A AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO DE 4º DE PRIMARIA

Premendo na imaxe poden acceder á información relacionada coa avaliación de diagnóstico que se levará a cabo en 4º de primaria os días 10 e  11 de abril.

O ENTROIDO NO COLEXIO

O pasado 9 de febreiro celebramos o ENTROIDO no cole, cun desfile, no que para seguir o fío do noso proxecto de centro, viaxamos polo mundo. Isto axudounos a aprender un pouco máis da cultura de cada un dos lugares sobre os que estamos traballando nas aulas.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet