Este cartel creuse de xeito colaborativo coa participación de nenos e nenas de diferentes aulas.
Queda exposto na entrada do centro.
Comezamos o proceso de admisión e matrícula para o vindeiro curso 2023-24 coa reserva de praza nos centros de adscrición.
Do 16 de xaneiro ao 06 de febreiro o alumnado de 6º de primaria que desexe continuar os seus estudos no IES EDUARDO BLANCO AMOR (centro ao que está adscrito o noso centro), debe presentar o impreso de solicitude de reserva de praza
a) na secretaría do centro b) por vía telemática
A solicitude de admisión pode cubrirse por vía telemática na páxina web www.edu.xunta.gal/admisionalumnado no apartado Solicitudes - Reserva - Crear.
Feito iso poden optar por:
Tamén poden descargar o Impreso de solicitude ou solicitalo no centro, para cubrilo a man e entregalo posteriormente en secretaría.
Este curso temos alumnado voluntario de 5º e 6º que nos queren axudar na xestión e organización de tarefas da biblioteca. Anotáronse nin máis nin menos ca 30 alumnos e alumnas con ganas de participar na dinamización da biblioteca.
Entre as súas tarefas destacan:
- Axudar ao alumnado máis pequeno cos xogos na biblioteca.
- Dinamizar o rincón do rato programable.
- Realizar lecturas compartidas tanto na biblioteca coma no bibliopatio.
- Axudar na colocación dos fondos e na súa etiquetaxe unha vez catalogados.
Actividade que ten unha moi boa acollida entre todo o alumnado.
Insignia que se lles deu aos/ás axudantes
OS NOVOS CARROS PARA O BIBLIOPATIO
Chegou o Nadal e este ano puidemos celebralo como a nós nos gusta. Cun festival de cancións e baile.
Deixámosvos aquí o vídeo coas distintas actuacións.
EN NADAL, UN LIBRO PARA AGASALLAR!!
Un ano máis xa temos as nosas recomendacións lectoras para este NADAL, que agardamos esté cheo de maxia, de ilusión e de bos momentos para compartir en familia. E que mellor forma que coa lectura?
Aquí vos deixamos as nosas recomendacións: libros en galego, en castelán, en inglés, de divulgación, para os máis pequenos, para os "máis" lectores... todos cheos de historias que vos encantarán e coas que gozarades.
Non vos esquezades de pedir como agasallo un libro (ou dous!) a Papa Noel, aos Reis Magos e/ou ao Apalpador, seguro que a eles lles encantará vir cargados de libros!!
Tamén os podedes buscar na biblioteca onde haberá un exemplar esperando para visitar os vosos fogares!
DESEXÁMOSVOS UN BO NADAL A TODOS E TODAS!
EXPOSITOR DE FONDOS SOBRE CIENCIA
PANEL DE CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS
Durante o mes de novembro realizáronse na biblioteca diversos experimentos científicos. Para iso prepararon os nenos e nenas de 3º a 6º uns experimentos que logo lles amosaron aos máis pequeno. Foi unha actividade na que todos e todas desfrutaron e aprenderon cousas sorprendentes.
O 25 DE NOVEMBRO CONMEMÓRASE O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO E PARA ESTA OCASIÓN FIXÉRONSE UN MURAL E UNS CARTES PARA COLOCAR NOS CORREDORES.
ANTES DO RECREO BAIXAMOS AO PATIO E ENTRE TODOS E TODAS FORMAMOS O SÍMBOLO DA MULLER
E MENTRES LEVANTABAMOS A MAN MOSTRANDO AS PULSEIRAS VIOLETAS ESCOITABAMOS UNHAS CANCIÓNS.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |