Audición e Linguaxe

TRABALLAMOS A CONCIENCIA SILÁBICA: PALABRAS ENCADEADAS.

Nos seguintes hipervínculos podedes acceder a diferentes actividades en castelán que permiten traballar a conciencia silábica de forma lúdica e interactiva.

 

Ditas actividades están dirixidas a alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria.

 

O neno/a deberá seleccionar e colocar a imaxe que corresponda tendo sempre en conta a derradeira sílaba da imaxe anterior. Así, na primeira actividade ("Palabras encadeadas 1") a primeira imaxe que figura é a dun "pato", polo tanto é necesario buscar, entre tódalas imaxes dadas, unha que empece pola sílaba "to" (neste caso é "tomate").

 

Ao remate de cada actividade, débese pulsar no botón de "Terminado" e despois darlle a "Comprobar mis respuestas".

 

- Palabras encadeadas 1

- Palabras encadeadas 2

- Palabras encadeadas 3

- Palabras encadeadas 4

- Palabras encadeadas 5

- Palabras encadeadas 6

- Palabras encadeadas 7

- Palabras encadeadas 8

- Palabras encadeadas 9

- Palabras encadeadas 10

- Palabras encadeadas (escribimos a palabra que falta)

 

 

 

NOVAS ACTIVIDADES DIRIXIDAS A ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA A APRENDIZAXE E DESENVOLVEMENTO DAS HABILIDADES LINGÜÍSTICAS

Xa tedes dispoñibles novas actividades para a aprendizaxe e desenvolvemento das habilidades lingüísticas. Lembrade que están sempre na mesma ligazón, o xa facilitada anteriormente:

https://view.genial.ly/5e73527766abcc0f6863c46b/presentation-actividades-para-el-aprendizaje-y-desarrollo-de-habilidades-linguisticas?fbclid=IwAR0Ivuz8la0b8L86hBph5dngZ0nMdsMdQ9x0X0mZSFDAJw4oHKy8aaw3RrY

Estas novas actividades podedes atopalas nos apartados correspondentes ás TAREFAS 11 e 12.

Están dirixidas a alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria e permiten traballar, de maneira lúdica e interactiva: discriminación auditiva, memoria, comprensión oral, vocabulario básico, conciencia silábica, morfosintaxe, rimas... 

Cómpre destacar que unha das actividades incluidas na TAREFA 11 dirixida ao Primeiro Ciclo de Educación Primaria, ensínanos a elaborar, seguindo as instrucións dadas e con ingredientes que todos temos na casa: a nosa propia plastilina caseira!!!!

Esta divertida actividade pode ser tamén realizada polo alumnado de Educación Infantil.

Asemade, recordade que estas actividades poden ser completadas con outros recursos online (tanto cós xa publicados como cós que irei publicando nos vindeiros días) có obxectivo de continuar estimulando a linguaxe.

EXERCICIOS DE MINDFULNESS, RELAXACIÓN E RESPIRACIÓN

Premendo nos seguintes hipervínculos podedes acceder a unha gran variedade de exercicios de mindfulness, relaxación e respiración, recomendados para nenos e nenas de tódalas idades:

 

- Conto "Respira"

- Tranquilos e atentos como unha ra. Exercicio 1

Tranquilos e atentos como unha ra. Exercicio 2

Tranquilos e atentos como unha ra. Exercicio 3

- Tranquilos e atentos como unha ra. Exercicio 4

- Tranquilos e atentos como unha ra. Exercicio 5

- Tranquilos e atentos como unha ra. Exercicio 6

- Tranquilos e atentos como unha ra. Exercicio 7

- Tranquilos e atentos como unha ra. Exercicio 8

- Tranquilos e atentos como unha ra. Exercicio 9

- Tranquilos e atentos como unha ra. Exercicio 10

- Tranquilos e atentos como unha ra. Exercicio 11

Tamén podedes descargar a APP gratuita: "Respira, piensa y actúa". Dispoñible para IOS e Android, esta aplicación axuda aos nenos e nenas máis pequeniños/as a xestionar mellor as súas emocións ao tempo que axudan a un personaxe de Barrio Sésamo a calmarse, respirar e superar os seus medos.

Asemade, nos seguintes hipervínculos podedes acceder a diferentes exercicios de ioga que facilitan tamén a relaxación.

 - Ioga posturas animais

- Ioga animais

- Ioga cós animais do mar 

- Ioga "A postura da cobra"

- Ioga "A postura do gato"

 

NOVAS ACTIVIDADES DIRIXIDAS A ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA A APRENDIZAXE E DESENVOLVEMENTO DAS HABILIDADES LINGÜÍSTICAS

Xa tedes dispoñibles novas actividades para a aprendizaxe e desenvolvemento das habilidades lingüísticas. Lembrade que están sempre na mesma ligazón, a xa facilitada anteriormente:

https://view.genial.ly/5e73527766abcc0f6863c46b/presentation-actividades-para-el-aprendizaje-y-desarrollo-de-habilidades-linguisticas?fbclid=IwAR0Ivuz8la0b8L86hBph5dngZ0nMdsMdQ9x0X0mZSFDAJw4oHKy8aaw3RrY

Estas novas actividades podedes atopalas nos apartados correspondentes ás TAREFAS 9 e 10.

Están dirixidas a alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria e permiten traballar, de maneira lúdica e interactiva: vocabulario, descricións, rimas, atención...

Recordade tamén que estas actividades poden ser completadas con outros recursos online (tanto cós xa publicados como cós que irei publicando nos vindeiros días) có obxectivo de continuar estimulando a linguaxe.

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO!

Hoxe, 23 de abril, celebramos o Día do Libro. 

Por elo, no ficheiro adxunto tedes un recopilatorio dos mellores contos dirixidos a nenos e nenas de Educación Infantil e de Educación Primaria. Están divididos nos seguintes bloques:

- CONTOS NARRADOS.

- CONTOS PICTOGRAFIADOS.

- CONTACONTOS.

- CONTOS ANIMADOS.

Tamén tedes un ficheiro có Programa do Día do Libro "La Biblioteca en casa" da Rede de Bibliotecas Municipais de Salamanca. En dito ficheiro atoparedes distintos enlaces cós que poderedes acceder a diferentes propostas educativas para festexar este día:

- CONTOS E CANCIÓNS.

- TEATRO E MAXIA.

- MÚSICA.

- FOTOGRAFÍA E POEMAS.

- OUTRAS PROPOSTAS.

 

Asemade neste hipervínculo podedes ver o conto: "EL MONSTRUO DE COLORES: ESPECIAL CORONAVIRUS".

Desfrutade moito deste Día e moito ánimo a todos e todas!

 

 

 

 

 

 

 

ACTIVIDADES Y JUEGOS ONLINE PARA MEJORAR Y AMPLIAR EL VOCABULARIO BÁSICO.

Pulsando sobre los siguientes hipervínculos podreis acceder a una gran variedad de actividades y juegos online para trabajar el vocabulario básico (la casa, las prendas de vestir, las profesiones, los alimentos...).

Estas actividades están en castellano y son especialmente recomendables para aquellos alumnos y alumnas que están adquiriendo el idioma. No obstante, las pueden realizar también niños y niñas de Educación Infantil y primeros cursos de Educación Primaria.

 

Vocabulario CASA

Vocabulario LOS ALIMENTOS

Vocabuluario LAS ESTACIONES DEL AÑO

Vocabulario LA CIUDAD

Vocabulario LAS PROFESIONES

Vocabulario LOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Vocabulario por centros de interés (cuerpo humano, escuela, ropa, deportes, medios de transporte...) 

 

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR OS ABSURDOS E A TEORÍA DA MENTE (RECOMENDÁBEIS PARA NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMEIROS CURSOS DE EDUCACIÓN PRIMARIA)

Premendo nos seguintes hipervínculos podedes acceder a dúas actividades interactivas e autocorrexibles que permiten traballar os absurdos e a teoría da mente.

Estas actividades son en galego e están especialmente indicadas para os nenos e as nenas de Educación Infantil e primeiros cursos de Educación Primaria.

 

Traballamos os absurdos có conto "O MÉRCORES TOLO".

 

Traballamos a Teoría da Mente coa canción "O PEIXE SALMONETE".

 

PASATEMPOS

Nos seguintes hipervínculos podedes acceder a unha gran variedade de pasatempos ideais para estes días de confinamento.

Están dirixidos a nenos e nenas de tódalas idades.

Sopas de letras

Crucigramas

Atopar diferenzas

Xogo do aforcado con palabras con M,P, L, T e S

Memory palabras con M, P, L, T e S.

 

BLOQUE DE ACTIVIDADES ACTUALIZADAS PERIÓDICAMENTE DIRIXIDAS A ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA A APRENDIZAXE E DESENVOLVEMENTO DAS HABILIDADES LINGÜÍSTICAS

Na seguinte ligazón podedes acceder a diferentes tarefas online divididas por etapas (Educación Infantil e Educación Primaria) e niveis.

Actualmente só están dispoñibles en castelán, euskera e catalán. Non en galego.

É moi importante ter en conta que cada pouquiños días iranse engadindo novas tarefas empregando para elo sempre a mesma ligazón; polo que é recomendable que a consultedes con certa regularidade (arredor dunha ou dúas veces á semana). 

Cada tarefa, a súa vez, inclúe catro actividades distintas que permiten mellorar: a discriminación auditiva, a atención, a memoria, o vocabulario, a conciencia fonolóxica, etc.

Estas actividades poden ser completadas con outros recursos online (tanto cós xa publicados como cós que irei publicando nos vindeiros días) có obxectivo de continuar estimulando a linguaxe de maneira interactiva e lúdica.

Moito ánimo a todos e todas!

https://view.genial.ly/5e73527766abcc0f6863c46b/presentation-actividades-para-el-aprendizaje-y-desarrollo-de-habilidades-linguisticas?fbclid=IwAR0Ivuz8la0b8L86hBph5dngZ0nMdsMdQ9x0X0mZSFDAJw4oHKy8aaw3RrY

Distribuir contido