Na seguinte ligazón podedes acceder a diferentes tarefas online divididas por etapas (Educación Infantil e Educación Primaria) e niveis.
Actualmente só están dispoñibles en castelán, euskera e catalán. Non en galego.
É moi importante ter en conta que cada pouquiños días iranse engadindo novas tarefas empregando para elo sempre a mesma ligazón; polo que é recomendable que a consultedes con certa regularidade (arredor dunha ou dúas veces á semana).
Cada tarefa, a súa vez, inclúe catro actividades distintas que permiten mellorar: a discriminación auditiva, a atención, a memoria, o vocabulario, a conciencia fonolóxica, etc.
Estas actividades poden ser completadas con outros recursos online (tanto cós xa publicados como cós que irei publicando nos vindeiros días) có obxectivo de continuar estimulando a linguaxe de maneira interactiva e lúdica.
Moito ánimo a todos e todas!