ADMISIÓN ALUMNADO
CURSO 2024/2025
Comezo do proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2024/2025.
Instrucións:
Só se pode presentar 1 solicitude de admisión que irá dirixida á dirección do centro que elixiron como primeira opción.
Forma de presentación das solicitudes:
- A través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Descargando a solicitude da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
- Recollendo o formulario Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B) gratuitamente no centro educativo e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.
Enlaces de interese:
Documentación a presentar coa solicitude:
- Documento que acredite a idade do alumno/a ( DNI ou Libro de Familia e no seu caso copia e orixinal para o cotexo).
- No caso de alumnado xa escolarizado e polo tanto procedente doutro centro, terá que presentar certificado de matrícula do centro de procedencia.
- No caso de separación ou divorcio a solicitude deberá estar asinada polos dous proxenitores, agás casos de violencia de xénero ou perda da patria potestade, e deberán presentar o convenio regulador ou a resolución xudicial de divorcio ou separación.
- No caso de non autorizar a consulta dos datos de identidade á Consellería de Educación terán que entregar copia do DNI do pai e da nai do/a alumno/a.
Para mais información sobre o proceso de admisión para o curso académico 2024-2025 prema AQUÍ
Listaxe provisional de admitidos: 25 de abril
Listaxe definitiva de admitidos: 15 de maio
Formalización de matrícula: do 20 de xuño ao 1 de xullo.
Calendario de admisión (prema na imaxe para ampliala)