Skip to Content

VEÑA NENOS/AS! XA PODEDES SAÍR! RESPECTADE AS NORMAS

PARALIZADO O PROCESO DE ADMISIÓN

Recórdase a aquelas familias que están no proceso de admisión do alumnado de nova incorporación aos centros, que todos os procesos administrativos están PARALIZADOS, polo que cando remate o período de confinamento e seguindo instrucións da Administración ampliarase o prazo para poder seguir facendo os trámites. Chegado o momento xa se comunicará na páxina web do centro.

QUEDA NA CASA

O CORONAVIRUS VISTO POLOS NOSOS ALUMNOS/AS

CONTACTO CO CENTRO

Seguide as instrucións marcadas por cada titor ou profesor a través dos medios telemáticos establecidos por cada un deles.

Para consultas xerais do centro podedes utilizar como canle o teléfono móbil do centro (609367359), teléfono fixo do cole (881866012) ou o correo electrónico (ceip.agromuino@edu.xunta.es)

Na páxina web do centro tendes unha aula virtual onde o alumnado dipón de actividades para facer en rede.

INFORMACIÓN SOBRE A SITUACIÓN PROVOCADO POLO COVID-19

AVISOS IMPORTANTES

A partir do próximo luns 16 de marzo, e por un período de 14 días, suspéndense as clases en todos os centros educativos.

 

Achegamos os seguintes avisos:

 

  1.- PROCESO DE ADMISIÓN: Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

 

2.- INSTRUCIÓNS DO 13 DE MARZO DE 2020, PROVISIONAIS DIRIXIDAS ÁS DIRECCIÓNS DOS CENTROS EDUCATIVOS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO SOBRE A CONCRECIÓN DAS MEDIDAS A ADOPTAR EN RELACIÓN COA PANDEMIA COVID-19 PARA OS VINDEIROS 14 DÍAS NATURAIS CONTADOS DENDE O16 DE MARZO DE 2020

https://www.edu.xunta.gal/portaldireccion/sites/diredu/files/novas/files/Instrucions_13.03.2020.pdf

3.- TAREFAS PARA O ALUMNADO: O profesorado, a través dos seus blogs, correos ou abalarmobil irá cargando e publicando diferentes actividades para o alumnado de Primaria.

Agradecemos que se sigan as recomendacións que fan as autoridades sanitarias e sexan responsables para que, canto antes, podamos superar esta situación.

 Ánimo e apertas a toda a comunidade educativa do CEIP AGRO DO MUÍÑO.

 

PROCESO DE ADMISIÓN. DOCUMENTACIÓN

PROCESO DE ADMISIÓN. DOCUMENTACIÓN.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut