Skip to Content

CONVOCATORIA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 20-21

CONVOCATORIA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.2020

REAPERTURA DE PRAZOS PARA A RESERVA E RENOVACIÓN DO COMEDOR ESCOLAR

Entre o día 18 e o 1 de xuño ábrese o prazo para facer a reserva ou/e renovación do comedor escolar para o curso 20-21.

 

 

FELIZ SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 O 17 de maio festexamos

o día da nosa fala,

todos o galegos cantamos

e case ningún cala.

Este ano está adicado

a Ricardo Carvalho

que era un ferrolán

listo coma un allo.

"As pitas baixo a chuvia"

lin pouco a pouquiño

lembrándome da miña famiia

de AGRO DO MUÍÑO.

Pablo Saborido de 3º A

 

REAPERTURA PRAZO DE ADMISIÓN ALUMNADO (DO 11 AO 18)

Ábrese de novo o prazo de admisión para alumnado de nova incoporación ao centro.

Deo 11 ao 18 de maio. En horario de 10 a 13 horas.

Prégase o uso de mascarillas, luvas, manter a distancia social marcada no chan e entrar de un en un.

Mellor presentar a solicitude telemáticamente e se é presencial, traer o impreso cuberto para axilizar os trámites.

Adxúntanse varios documentos:

- Publicación no DOG.

- Fragmento da orde relativa ao proceso de admisión.

- Cadro dos prazos establecidos para a admisión ata rematar o proceso.

NORMAS PARA SAÍR Á RÚA

VEÑA NENOS/AS! XA PODEDES SAÍR! RESPECTADE AS NORMAS

PARALIZADO O PROCESO DE ADMISIÓN

Recórdase a aquelas familias que están no proceso de admisión do alumnado de nova incorporación aos centros, que todos os procesos administrativos están PARALIZADOS, polo que cando remate o período de confinamento e seguindo instrucións da Administración ampliarase o prazo para poder seguir facendo os trámites. Chegado o momento xa se comunicará na páxina web do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut