Skip to Content

Blogues

Actividades na Eira da Xoana

EIRA DA XOANA

Dentro das actividades do PLAMBE, o  venres 10 de maio achegámonos a Ramil para participar en diversos xogos e actividades da man de Marcial, Anxo, Hugo e Adela. Os nenos e nenas puideron percorrer os arredores da casa, seguir un roteiro monte arriba para disfrutar dunhas estupendas vistas, observar unha poza e coñecer especies animais e vexetais da zona. O tempo acompañou e pasámolo xenial. Un claro exemplo de traballo de concienciación medioambiental dos máis pequenos a través de actividades lúdicas, activas e cooperativas. 

Para ver as fotos , clic sobre a cámara

 

 

Programación 3º e 4º Ed Primaria

 

                  3º ED. PRIMARIA                         4º ED. PRIMARIA

 

                 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Programación 5º e 6º de Ed Primaria

  

5º ED. PRIMARIA                6º ED. PRIMARIA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Programación 1º e 2º de Ed Primaria

 

1º  ED. PRIMARIA                         2º ED. PRIMARIA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Educación Infantil

 

 

   

PROGRAMACIÓN  EI          RELIXIÓN CATÓLICA          INGLÉS          

 

 

 

 

 

 

 

Novo mobiliario na biblioteca

Acaban de chegar os mobles novos da biblioteca e son chulísimos. Parécennos prácticos, alegres e diferentes. Botádelles un vistazo.

 

 




Novos espazos e pintura da biblioteca

A COR CHEGOU Á BIBLIOTECA

Despois da man de pintura, a cor chegou a biblioteca e todos estamos encantados co resultado. Estrenamos tamén o moble cartoteca para recoller e expoñer mapas e o moble para arquivar DVDs e cintas de video que tamén se entregan en préstamo. Incorporouse un espazo tic con cinco terminais a disposición dos alumnos-as.

Podedes ver aquí estas novidades.

Recanto de lectura informal

Estrenamos espazo de lectura informal!

Xa podedes ler as vosas revistas favoritas nos preciosos sofás novos. Ampliamos a oferta de publicacións deste tipo coa suscrición á revista Reportero doc, que pronto teredes á vosa disposición e que esperamos que vos guste tanto como a revista Caracola.

LOMLOE

Prema na imaxe para ver  máis grande o esquema.

Orientación

 

 

 

O Departamento de Orientación do CEIP de Agolada creouse no curso 2000/01. Na Circular nº 18/2007 aparece como Departamento de Orientación Compartido, OC. 

 

NORMATIVA: 

 

·    Decreto 120/98 de 23 de abril (DOG do 27), polo que se regula a orientación educativa e profesional na CCAA de Galicia. 

 

·         Orde do 24 de xullo (DOG do 31) que desenvolve o Decreto anterior e polo que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na CCAA de Galicia. 

 

·         Circulares anuais: Circular 10/2010 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se dictan instruccións para coordinar as actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación educativa e profesional na comunidade autónoma de Galicia. 

 

COMPOSICIÓN: 

 

o        Xefe/a do Dpto. De orientación.

 

o        Profesores/as de PT e AL do centro.

 

o        Coordinadores de ciclo de Infantil e Primaria.

 

o        O mestre responsable dos centros incompletos da zona de escolarización (centros adscritos se os houbese).

 

FUNCIÓNS DO DEPARTAMENTO: 

 

o        Valorar as necesidades educativas no ámbito da orientación, e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.

 

o        Elaborar as propostas do Plan de Orientación Académica e do Plan de Acción Titorial.

 

o        Participar na elaboración, seguemento e avaliación do PE incidindo nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico e nos principios de avaliación formativa e, cando cumpra, na adecuación dos criterios de promoción.

 

o        Deseñar actuacións encamiñadas á atención temperá e á prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe, derivadas de condicións desfavorables ou de sobredotación.

 

o        Participar na avaliación psicopedagóxica e no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade.

 

o        Facilitarlle á comunidade educativa os apoios e o asesoramento necesarios para que o alumnado poida afrontar adecuadamente os momentos escolares máis decisivos ou dificultosos.

 

o        Cooperar cos equipos específicos.

 

o        Promover a cooperación entre o centro e as familias.

 

o        Establecer canles de comunicación cos diferentes servicios ou institucións.

 

o        Aqueloutras que a Admhnistración Educativa determine no ámbito das súas funcións.

 

FUNCIÓNS DO XEFE/A DO DPTO.: 

 

o        Dirixir e coordinar as actividades propias do Dpto.

 

o        Responsabilizarse da redacción do Plan Anual de Actividades do Dpto., velar polo seu cumprimento e redactar a memoria final.

 

o        Representar o Dpto na CCP.

 

o        Convocar e presidir as reunións ordinarias e extraordinarias do Dpto.

 

o        Asistir ás reunións convocadas polo Xefe/a do Dpto. de Orientación do Instituto de Secundaria ao que esté adscrito o centro.

 

o        Velar pola confidencialidade dos documentos.

 

o        Coordinar a organización dos espacios e instalacións para a orientación, adquisición de material e equipamento específico, velando polo seu uso correcto e conservación.

 

o        Realizar as avaliacións psicopedagóxicas (no caso de posuír a titulación necesaria) e asesorar no deseño, desenvolvemento e avaliación de medidas de atención á diversidade, responsabilizándose da elaboración do informe psicopedagóxico.

 

o        Coordinar, en colaboración co profesorado de apio, a atención do alumnado con necesidades educativas de atención específica.

 

o        Participar nas sesións de avaliación, con función de asesoramento e apoio ó profesorado, con voz e sen voto.

 

o        Aqueloutras que a Administración Educativa determine no ámbito das súas funcións.

 

ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO: 

 

o        Coordinación dos DO dos Institutos de Secundaria cos dos Centros de Infantil e Primaria da zona de escolarización: elaboración conxunta das liñas xerais do Plan de Orientación Académica e Profesional e do Plan de Acción Titorial.

 

o        Os membros do DO reuniránse como mínimo unha vez cada trimestre.

 

o        Os membros do DO con destino no propio centro celebrarán reunións semanais na hora destinada para tal fin no seu horario. A asistencia é obrigatoria.Os centros reservarán no seu orzamento unha cantidade para o funcionamento do DO.

 

OBXECTIVOS XERAIS DO DPTO DE ORIENTACIÓN DO CEIP DE AGOLADA: 

 

o        Contribuír á personalización da educación, atendendo á toda a diversidade, favorecendo o desenvolvemento das potencialidades de todos os alumnos, axustando a resposta educativa ás súas peculiaridades e a óptima integración dos alumnos procedentes do extranxeiro e/ou doutro centro ou localidade.

 

o        Detectar as posibles dificultades e deficiencias na aprendizaxe, establecer canles para a recuperación a través de estratexias de intervención, deseño, revisión e/ou modificación de plans de reforzo educativo e asesoramento nas adaptacións curriculares.

 

o        Deseñar e poñer en práctica accións encamiñadas á identificación temperá de necesidades e a prevención de dificultades na aprendizaxe derivadas de condicións desfavorables, proporcionando apoio psicopedagóxico dacordo ás necesidades particulares dos alumnos/as e propoñendo mediadas encamiñadas a disminuir o absentismo escolar.

 

o        Contribuír á mellora da convivencia no centro, promovendo a axeitada relación, interrelación e cooperación entre os distintos integrantes da comunidade educativa, especialmente entre profesor-alumno e centro-familias, implicándoas no proceso educativo dos seus fillos/as.

 

o        Establecer canles de coordinación entre os/as orientadores/as de primaria e de secundaria da zona do Deza, co fin de unificar criterios, intercambiar información e facilitar ó tránsito do alumno entre etapas educativas.

 

o        Revisar as bases da acción titorial no centro, colaborando con todos os sectores implicados na súa aplicación, dinamizando as actividades do Plan de Acción Titorial (PAT) que incidan na dinámica de grupos, a aprendizaxe emocional, na motivación da aprendizaxe, valorando o esforzo e a autonomía no traballo, para optimizar as materias instrumentais do curriculo, na prevención do facaso escolar.

 

o        Promover a través da Comisión de Coordinación Pedagóxica a revisión dos instrumentos da planificación do centro, asesorando e colaborando na actualización e elaboración dos distintos documentos que integran o PE , incidindo nos aspectos da avaliación e atención á diversidade.

Distribuir contido


by Dr. Radut