Skip to Content

Actividades na Eira da Xoana

EIRA DA XOANA

Dentro das actividades do PLAMBE, o  venres 10 de maio achegámonos a Ramil para participar en diversos xogos e actividades da man de Marcial, Anxo, Hugo e Adela. Os nenos e nenas puideron percorrer os arredores da casa, seguir un roteiro monte arriba para disfrutar dunhas estupendas vistas, observar unha poza e coñecer especies animais e vexetais da zona. O tempo acompañou e pasámolo xenial. Un claro exemplo de traballo de concienciación medioambiental dos máis pequenos a través de actividades lúdicas, activas e cooperativas. 

Para ver as fotos , clic sobre a cámara

 

 



blog | by Dr. Radut