COMEDOR ESCOLAR - 2015/2016:
Enlace á Instrucción 1/2015 sobre funcionamento de comedores escolares de xestión directa.
Clica para descargar o formulario de autodeclaración e especificacións.
Enlace á CALCULADORA simulación prezos comedores: permite simular o cálculo dos prezos de comedores en función da renda neta per cápita da unidade familiar (pendente de actualización de cara ao vindeiro curso e próxima a publicar).
TRANSPORTE ESCOLAR - 2015/2016:
Enlace á Instrucción 3/2015 sobre a xestión do servizo de Transporte Escolar.
Clica para descargar solicitude de usuarios a menos de 2 Km. do Centro.
CALENDARIO ESCOLAR 2015/2016. Clica para ver a Orde do 8 de xuño polo que se aproba o calendario escolar para o curso 2015/2016, nos Centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 2. Fondo solidario de libros de texto
Todos os centros docentes sostidos con fondos públicos deberán dispoñer dun fondo solidario de libros de texto, que estará integrado por:
1. Todos os libros de texto e/ou material reutilizable adquirido coas axudas do curso 2014/15, que o alumnado beneficiario está obrigado a devolver de acordo co artigo 14.d) da Orde do 28 de maio de 2014, pola que se convocaron as ditas axudas.
2. Os libros de texto e o material didáctico vixente e útil voluntariamente cedido ao fondo
Artigo 3. Devolución dos libros de texto adquiridos con cargo ás axudas do curso 2014/15
1. O alumnado deberá devolver os libros de texto adquiridos con cargo ás axudas do curso 2014/15 unha vez feitos os exames, e como máximo, o 19 de xuño de 2015
2. A falta de devolución dos libros de texto será causa de exclusión da participación no fondo solidario.
O prazo de presentación de solicitudes iníciase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e remata o 30 de xuño de 2015.
Artigo 7. Asignación dos libros
1. O centro asignará o uso dos libros de texto dispoñibles por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. Non obstante, o alumnado que estea en tutela ou garda da Xunta de Galicia e o que teña discapacidade igual ou superior ao 65 % terá preferencia para a adxudicación dos libros de texto.
Clica para ver máis información: obxecto da convocatoria e principais novidades.
Requisitos:
Clica para ver : obxecto da convocatoria, requisitos,...
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA AS FAMILIAS
Diante da confusión xerada pola aparición, nos últimos días, de informacións erróneas a respecto da proba de 3º de Primaria que terá lugar os días 27 e 28 deste mes, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria quere facer as seguintes precisións:
- En primeiro lugar transmitir unha mensaxe de tranquilidade sobre a avaliación, xa que é moi semellante á que se lle viña aplicando ao alumnado de 4º de Primaria nos últimos cinco anos. Agora faise un curso antes, o que permite anticiparnos un ano na detección de posibles dificultades no proceso de aprendizaxe e de ensino e, deste xeito, poder corrixilas. A maiores, as familias van coñecer os resultados obtidos polos seus nenos e nenas nas competencias de comunicación lingüística e matemática, información da que non dispoñían ata o de agora.
- Ao contrario do que se está difundindo estes días, non se trata de ningunha reválida que o alumno/a teña que superar, senón que é unha proba individualizada de carácter estritamente informativo e orientador. É dicir, os resultados obtidos non repercutirán no expediente académico do alumno/a.
- É igualmente falso que os resultados se vaian empregar para facer clasificacións de alumnos ou para establecer rankings de centros.
- Tampouco é unha avaliación externa, xa que a administración educativa tan só proporciona os materiais, e son os propios profesores dos centros os encargados de aplicala e corrixila.
- As familias deben saber, igualmente, que as probas están adaptadas á idade dos nenos e nenas que as van realizar, e ao currículo de 3º de Primaria, que é o que están cursando. No caso do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, os centros son os encargados de establecer as medidas máis axeitadas para que as condicións de realización da avaliación se adapten ás súas necesidades.
- En definitiva, esta proba é moi semellante a outras actividades de avaliación que se realizan de xeito habitual durante o curso. Polo tanto, debe entenderse como unha ferramenta metodolóxica máis, que axuda aos centros educativos e ás familias a ter información adicional sobre a evolución do alumno/a. Información que non inflúe no seu expediente académico, pero que permite, no caso de detectarse algunha carencia, actuar de xeito personalizado e específico para solucionala. - Esta avaliación require da colaboración de todos os membros da comunidade educativa, a quen desde aquí animamos e agradecemos o seu esforzo e reiteramos a importancia de contar coa participación do alumnado.
Vídeo explicativo: Marco Xeral da avaliación de 3º curso de Educación Primaria
Deixamos a continuación unha serie de documentos relacionados coa avaliación individualizada de 3º curso de Educación Primaria:
Modelo de proba de competencia matemática
Modelo de proba de competencia matemática II