CEIP Plurilingüe A Gándara

Recomemdacións lectoras de Novembro

Aquí tedes unha escolma de libros relacionados con dúas conmemoracións deste mes de novembro:

• O mes do Galego na Ciencia


• Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25N)

Animádevos a ler e a ler en galego!

Torre de densidades

Nesta seguinte entrada podedes ver como o alumnado de 4º experimentou coas diferentes densidades dos líquidos e tentaron adiviñar cal deles quedaría abaixo e cal enriba na nosa torre.

E vós, sabedes porque ocorre isto?

A COMUNIDADE EDUCATIVA DA GÁNDARA SOLIDARIA CON VALENCIA

XA ESTÁ EN CAMIÑO  todo o material escolar e de limpeza recollido no cole para enviar a Valencia. Tamén o aportado polo Colexio Novo .

O venres día 15 pola mañá recibimos a Fernando e a Julio ( director do CEIP de Palas de Rei )

Fernando, o voluntario que xa viaxa cara Valencia co seu furgón contounos que non é a primeira viaxe que fai alá nestes días e que a situación aínda é moi complicada e desoladora.

Foi o alumnado de 6ºB de E.Primaria ( en representación de todo o cole ) o que axudou a cargar ese furgón cheo de material e solidariedade.

  MOITAS GRAZAS Á TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POLA COLABORACIÓN !

                 

 

GRAZAS!!!

GRAZAS POLA VOSA SOLIDARIEDADE CON VALENCIA!!!

A comunidade educativa xuntou todas estas caixas con materiais para facerlle chegar ás persoas afectadas polas riadas da Comunidade Autónoma de Valencia.

CLUB DE CIENCIA

O Club de Ciencia da Gándara xa está en funcionamento!

Nesta ocasión o alumnado de 4º de Primaria experimentou con maicena e auga para crear un fluído non newtoniano. 

E vós que credes? É sólido ou líquido? 

Aquí podedes ver o resultado! Non perdades detalle porque a ciencia continúa...

NOVAS
BIBLIO GÁNDARA

 

PROXECTOS

CONCURSOS

REDES SOCIAIS

 

AULA VIRTUAL