CEIP Plurilingüe A Gándara

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/2017

Para máis información clicade no seguinte enlace:

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/18988

 

 Acceso á SOLICITUDE: https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=ED&codProc=330B

 

Descargar o ANEXO I.

 

Anexo I en Castelán.

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA AS FAMILIAS

AVALIACIÓN FINAL DE EDUCACIÓN PRIMARIA INFORMACIÓN DE INTERESE PARA AS FAMILIAS

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria informamos de que -en cumprimento da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa- os vindeiros días 11, 12 e 13 de maio terá lugar a proba de avaliación final de Educación Primaria en todos os centros escolares da Comunidade Autónoma.

Dado que esta é a primeira vez que se realiza esta proba de avaliación final de Primaria (6º curso) a Consellería informa de que:

- Esta avaliación é unha proba individualizada de carácter estritamente informativo e orientador. É dicir, os resultados obtidos non computan a efectos de ningunha cualificación e non terán efectos no expediente académico dos alumnos e das alumnas. Polo tanto, fronte ao que erroneamente se está a difundir, non se trata de ningunha reválida.

- Os resultados obtidos son de uso interno dos centros, do alumnado e dos seus pais e titores. Polo que, en ningún caso, a Consellería vai facer clasificacións de alumnos e de alumnas ou establecer ranking de centros.

- Esta avaliación –que se desenvolverá dentro do horario lectivo ordinario- está configurada de xeito moi similar á avaliación de 3º curso de Primaria realizada o curso pasado; pero neste caso está baseada e deseñada segundo os estándares do currículo de 6º e adaptada á franxa de idade dos nenos e nenas aos que vai dirixida.

- A proba non mide coñecementos do alumnado en canto a materias específicas, senón as súas destrezas nas competencias avaliadas, que son: competencia en comunicación lingüística (que será avaliada por separado nas dúas linguas cooficiais e na primeira lingua estranxeira), competencia matemática e competencia en ciencia e tecnoloxía.

- Queremos enviar unha mensaxe de tranquilidade ás familias, xa que esta proba debe entenderse como unha ferramenta diagnóstica máis, que axuda os centros educativos e as familias a ter información adicional sobre a evolución do alumno ou da alumna. Información que non inflúe no seu expediente académico, pero que permite, no caso de detectarse algunha carencia, actuar de xeito personalizado e específico para solucionala, ao mesmo tempo que achega unha información valiosa tanto para os centros como para a propia administración á hora de deseñar e implementar programas de mellora educativa.

- A avaliación require da colaboración de todos os membros da comunidade educativa, a quen a Consellería agradece o seu esforzo e reitera a importancia de contar coa participación de todo alumnado. O desenvolvemento desta proba de xeito detallado pode consultarse no Diario Oficial de Galicia do día 26 de abril. 

II CAMPIONATO GANDAREIRO DE XADREZ

Concurso Rosalía sempre viva

Neste vídeo vemos os finalistas da 1ª fase do concurso (no noso colexio)  convocado pola Casa-Museo Manuel María. Este concurso ten como finalidade a potenciación da expresión oral e a creatividade do alumnado a través do coñecemento e recitado da obra de Rosalía de Castro e de Manuel María, para celebrarmos así o aniversario da nosa escritora máis universal.
 O concurso consistiu no recitado dun único poema por  participante escollido libremente entre a obra en galego dos dous autores. 

 A fase final celebrarase na Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei – Lugo) o sábado 27 de febreiro e incluirase dentro dun conxunto de actividades sobre Rosalía (audiovisuais, exposición...) coincidindo co aniversario da escritora. 
 
 Irán a fase final representando á Gándara:
 

 

  •      Valentina e Lola, categoría 1 
  •      Paula e Abel, categoría 2

Xogos Populares 2016

NOVAS

BIBLIO GÁNDARA

 

PROXECTOS

CONCURSOS

REDES SOCIAIS

 

AULA VIRTUAL