O pasado xoves día 26, o alumnado de 6º de E.Primaria visitou as instalacións de Abanca para ver unha exposición de pintura titulada :
" Percorridos : do real ao imaxinado " de Anabel Álvarez Goyanes .
Para ver un resumo en fotos desta saída picade na seguinte ligazón :
Mañá comeza OUTUBRO e un novo horario escolar, de 10:05 horas a 14:00 horas e de 15:00 a 16:05 horas. Os autobuses recollerán ao alumnado no centro escolar ás 16:05 horas.
De seguido tedes o MENÚ deste mes:
Xa estamos de volta das vacacións e comezamos por todo o alto.
Hoxe, o alumnado de 3⁰ de Educación Primaria, acudiu á Casa da Cultura para gozar dun divertido contacontos, actividade promovida pola biblioteca municipal a través do programa "Ler conta moito".
Alí, da man de Barafunda teatro, gozamos da obra "Pepiña Maruxiña quere voar" onde tódolos nenos e nenas non pararon de rir.
De seguido tedes o MENÚ ESCOLAR DO MES DE SETEMBRO DE 2024.
No seguinte documento hai INFORMACIÓN DE INTERESE: datos de contacto, nomes dos profesionais que traballamos no colexio, días non lectivos, explícase como hai que facer en caso de non asistir a clase e, tamén, horarios do centro escolar e de atención do equipo directivo.