CEIP Plurilingüe A Gándara

Decoración do cole polo SAMAÍN.

                     Así de terrorífico quedou o noso cole polo SAMAÍN !

                   Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración.

          Picade na seguinte ligazón : https://youtu.be/12BAZt4WC-8

                                           

 

Sesións de Cine polo Samaín.

Algunhas das actividades realizadas para conmemorar o Samaín foron as sesións especiais de cine.

O alumnado de 1º, 2º e 3º de E.Primaria desfrutou coa película " La escalofriante historia del Capitán Calzoncillos ".

Por outra banda, o alumnado de 4º,5º e 6º de E.Primaria fíxoo coa película " O Apóstolo ".

Aquí tedes algunhas fotos na biblioteca : 

                                                  

Día das Bibliotecas

O pasado 24 de outubro celebramos no cole o Día das Bibliotecas. Para dar pistoletazo de saída ao PDI do centro, a Gandariña fixo das súas e roubou a música. O alumnado de segundo e tercero ciclo tiveron que superar varias misións para poder frenala, obxectivo que cumpriron exitosamente. Ademais, fixeron a formación de usuarios e recibiron o tríptico sobre o funcionamiento da biblioteca.

Pola sua parte, o alumnado de infantil e primero ciclo fixeron unha actividade organizada pola ANPA chamada "Corazóns de papel" na que tiñan que romper as malas novas e convertirlas en corazons de papel.

Para que vexades o ben que o pasaron os cativos e cativas, deixamosvos o seguinte video.

 
 
 
 
 
 

Concurso do CORPO da GANDARIÑA: Debuxos finalistas e gañador

Estes foron os debuxos finalistas no concurso da busca do corpo da mascota da nosa Biblioteca.

      

 

E o debuxo gañador foi...  o  número 6

Realizado pola alumna de 6º B:

LOLA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

6º infantil visita á residencia de anciáns

A recente visita do alumnado de 6º de infantil (5 anos) á residencia de anciáns foi unha experiencia enriquecedora tanto para os peques como para os residentes. Este tipo de actividades interxeracionais promoven o intercambio de historias, emocións e aprendizaxes entre dous grupos de idades moi diferentes pero complementarias. Estas interaccións fomentan a empatía e o respecto nas nenas e nenos cara as persoas maiores, axudándolles a comprender mellor o ciclo da vida e a importancia do coidado mutuo na sociedade. En resumo, a visita foi un fermoso exemplo de como podemos construír pontes entre xeracións a través de simples pero significativos encontros.

Antes de entrar aproveitamos para correr pola beira do río Cabe observando por se viamos algún crocodilo (jejjjejjeje) e, sen contalo, atopamos setas!!!

Mirade neste vídeo esta vivencia.

 

 

NOVAS
BIBLIO GÁNDARA

 

PROXECTOS

CONCURSOS

REDES SOCIAIS

 

AULA VIRTUAL