Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria participaron na actividade "xogamos tod@s" dirixida por Branca Villares e organizada pola ANPA e FAPACEL (Federación de ANPA de Lugo).
Pasárono xenial!
Nesta xornada o alumnado de 5 anos A acudiu ó Infanta Elena recibir a contada do libro Os meus veciños favorecendo así a comprensión lectora ao tempo que espertamos valores como a amizade e a inclusión.
O alumnado de 5ºA e 5ºB de E.Primaria viaxou ata Quiroga para coñecer e visitar os Museos Xeolóxico e Etnográfico.
Poderedes ver o vídeo resumo desta saída picando na seguinte ligazón :
O pasado 16 de febreiro os nenos e nenas de 2º ciclo de educación primaria fixeron unha saída á Coruña para visitar diferentes lugares na cidade. A saída compúxose dunha visita ao Domus, á Casa das Ciencias e ao Aquarium Finisterrae. Agardamos que disfrutedes o vídeo!