CEIP Plurilingüe A Gándara

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO - 2013/2014 (GRATUIDADE SOLIDARIA) e LISTADO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2013/2014.

Convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado, no curso escolar 2013/2014, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, en  educación primaria: GRATUIDADE SOLIDARIA.


Para mais información clicade no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria.


O prazo para solicitar estas axudas é do 3 de xuño ao 3 de xullo para Educación Primaria e Educación Especial.


Clicade para descargar o ANEXO I. Pódese cubrir en liña e despois imprimir.  


CLICADE PARA VER A LISTA DOS LIBROS: Libros de texto 2013/14.

HORA DE LER

                                HORA DE LER

Todos os días 15' despois do recreo hora de ler.

Para o profesorado de distintas áreas.

Neste tempopoderase e deberase facer diversos tipos de lectura:

  • Lectura silenciosa.
  • Lectura documental (o corpo, o tempo, seres vivos, o medio ambiente, o mundo).
  • Lectura de textos variados (guias turísticas, receitas, folletos, prospectos, instruccións, mapas, gráficos, formularios, diagramas...).
  • O mestre/ a mestra leme.
  • Lectura en alto ou un fragmento dalgún libro ou documento interesante.
  • Lectura guiada.

LIBROS DE TEXTO: GRATUIDADE SOLIDARIA

Libro de matemáticas en castelá para 3º e 4º (Clicade no enlace)

 


 

ADMISIÓN COLABORADORES/AS DO COMEDOR

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO “CEIP A GÁNDARA” , COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2010-2011. 

As nais, os pais e os/as titores/a legais de alumnos deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2010-2011, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan en Dirección. O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 30 de setembro de 2010, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 31 de decembro de 2010.

Durante o curso escolar 2010-2011 so se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.                   

Monforte de Lemos , 3 de setembro de 2010

HORARIO OUTUBRO - MAIO

O 1 de outubro comeza a Xornada lectiva partida de luns a venres: de 10.05  a 13.25 h. e de 15.15 a 16.55 h.

Comedor: de 13.25 a 14.45 horas.

Saída transporte escolar: 16.55 h.

Actividades Extraescolares (ANPA): de 14.00 a 15.00 horas e de 17.00  a 18.00 horas.

 

NOTA: os autobuses pasarán aproximadamente media hora máis tarde, conven que os primeiros días estén máis pendentes.

REUNIÓNS DE PAIS/NAIS/TITORES:

  • 3º Ciclo de Primaria (5º e 6º curso): Mércores 2 de outubro de 2013.
  • 2º Ciclo de Primaria (3º e 4º curso): Mércores 9 de outubro de 2013.
  • 1º Ciclo de Primaria (1º e 2º curso): Martes 8 de outubro de 2013.

Rógase asistencia pola importancia dos temas a tratar. Graciñas.

NOVAS
BIBLIO GÁNDARA

 

PROXECTOS

CONCURSOS

REDES SOCIAIS

 

AULA VIRTUAL