CEIP Plurilingüe A Gándara

Charla para a formación de nais e pais de deportistas

Charla para a formación de nais e pais de deportistas

 

As áreas de Benestar Social e Deporte da Deputación de Lugo puxeron en marcha un programa para a formación de pais e nais con fillos deportistas: “Os pais no deporte, importancia e papel”, unha iniciativa que parte do interese de contribuír, desde a Unidade de Psicoloxía e Coaching Deportivo de Galiza, á formación, ó desenvolvemento e á mellora dos deportistas na nosa Comunidade.

 Trátase da celebración dunhas charlas que teñen como principal obxectivo dotar ós pais, adestradores e directivos, dunha formación relevante para desenvolver o seu papel na actividade deportiva que practican os seus fillos. Desta maneira, poderán contribuír á súa formación, non só desde o punto de vista físico, senón tamén desde o punto de vista da promoción do benestar e das relacións sociais.

A charla que se celebrará en Monforte terá lugar o martes día 26 de novembro, ás 20:30 horas na Casa da Cultura.    

O importante papel que teñen que desenvolver as familias con fillos/as deportistas fai que esta charla sexa de grande interese para os pais e nais, pois non sempre se teñen claras todas as claves e conceptos que hai qué adoptar cando os fillos e fillas practican algunha disciplina deportiva. 

            Impartirase unha parte teórica, aínda que de coñecemento moi práctico, que se alternará con algún vídeo sobre casos reais de deportistas e as súas familias. As persoas que asistan ás charlas terán a posibilidade de preguntar e opinar.

 Como complemento, repartiranse uns folletos informativos con datos relevantes para os pais e nais dos deportistas.  

Rubén Domínguez, Hugo Fernández e Rubén López,  profesionais da psicoloxía e o coaching no deporte, serán os encargados de achegar estes coñecementos aos pais e nais que participen na charla que se impartirá en Monforte.  

 

Os pais e nais interesados en asistir a este programa formativo, deben inscribirse na seguinte dirección de correo electrónico: coordinador@libredon.org

Ponlle as pilas ao teu bocata

A Xunta de Galicia está a levar a cabo uns talleres didácticos nas escolas galegas, co fin de prestarlle atención a un dos alimentos fundamentais nas dietas, os produtos do mar, fomentando o seu consumo como produto en conserva.

Por medio do programa "Ponlle as pilas ao teu bocata" os alumnos/as de primaria, participaron nunha actividade-taller onde aprenderon aspectos relativos á alimentación con productos do mar en conserva.

oscargf's Ponlle as pilas ao teu bocata album on Photobucket

Horario do centro

O Centro está aberto:

  • Dende as 08:50 (plan madruga)
  • De 10:05 ás 16:55 horas (horario lectivo).
  • De 17:00 a 19:00 horas (martes, mércores e xoves): PROA e PALE para alumnado de 2º e 3º ciclos.

PERÍODO DE SETEMBRO E XUÑO:

( Clases de 08:55 a 13:15 e comedor de 13:15 a 14:00)

MAÑÁ   de 8.55 a 14.00 horas

1ª hora 08:55 - 09:45 50 minutos
2ª hora 09:45 - 10:35 50 minutos
3ª hora 10:35 - 11:25 50 minutos
Recreo 11:25 - 11:45 20 minutos
4ª hora 11:45 - 12:30 45 minutos
5ª hora 12:30 - 13:15 45 minutos
Comedor 13:15 - 14:00 45 minutos

 

 

PERÍODO XORNADA PARTIDA

 (de 10:05 a 16:55)

MAÑÁ  de  10:05 a 13:25 

1ª hora

10:05  a 11:00 h

55 minutos

2ª hora 

11:00  a 11:50 h

50 minutos

RECREO 

11:50  a  12:15 h 

25 minutos  

HORA DE LER

12:15 a 12:35

20 minutos

3ª hora 

12:35 a 13:25 h

50 minutos

TARDE de 15:15 a 16:55 

4ª Hora

15:15 a 16:05 h

50 minutos

5ª Hora

16:05 a 16:55h 

50 minutos

Celebramos o Magosto

 

Hoxe celebramos o Magosto.

As 15:15 os nenos de Primaria participarán nun circuito de xogos e ás 16:00 poderemos degustar as castañas asadas e o chocolate quentiño.

 

 

Pincha aquí para ver a galería de fotos do Magosto


Revista escolar 2012-2013

 

Fai Click na imaxe para ver e descargar a revista

NOVAS
BIBLIO GÁNDARA

 

PROXECTOS

CONCURSOS

REDES SOCIAIS

 

AULA VIRTUAL