Skip to Content

Fondo solidario de libros e axuda para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2023-2024

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso  2023- 2024 ao abeiro da ORDE do 10 de maio  de 2023.

 Fondo solidario de libros de texto:

-    Destinatarios: alumnado de 3º e 4º de primaria (excluído alumnado de 5º e 6º por pertencer a E-DIXGAL). 

 Axuda para adquirir libros de texto:

-    Destinatarios: alumnado de 1º e 2º de primaria.

Axudas para adquirir material escolar:

-    Todo o alumnado de Educación Primaria (tamén os de 5º e 6º).

Terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2021, agás cando unha sentencia de separación ou divorcio posterior a esta data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores e no caso de violencia de xénero que se aplicará o disposto na súa lexislación específica.

 Formas de presentación:

 -    Telemática: os cidadáns poderán realizar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia, accedendo ao procedemento ED330B, que enlazará coa aplicación Fondolibros.

-   Presencial no centro: a familia entregará a solicitude anexo I (ver documento adxunto) e presentará dito documento no centro debidamente cuberto e asinado, xunto coa documentación. Se algunha persoa precisa que se lle imprima o anexo pode solicitalo a través das titorías.

Prazos de interese:

-    Presentación de solicitudes no centro escolar ou mediante sede electrónica: dende o 20 de maio ata o 21.06.2022

-     Uso dos vales nas librarías e demais establecementos: ata o 10.04.2024

 

Documentación:

Anexo I e Anexo II.

Complementaria    (PREME SOBRE O TEXTO  PARA PODER VER A DOCUMENTACIÓN)

 

 

 Acceso a toda a información sobre este procedemento: https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/39925

 

 

AdxuntoTamaño
Anexos-Fondolibros.pdf1.61 MB
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA.pdf343.6 KB


blog | by Dr. Radut