Arts & Crafts

Departamento de Plástica en Inglés

CHRISTMAS DECORATIONS


Durante estas últimas semanas de clase, o alumnado de primaria estivo facendo distintas actividades para decorar o centro:

o alumnado de 1º e 2º de primaria fixo unhas bolas de neve,

o de 3º e 4º unhas guirnaldas con teas e

o de 5º e 6º uns calcetíns de Nadal (Christmas Stockings), que eles mesmos recortaron e coseron empregando restos de teas, continuando así co proxecto de centro deste curso baseado na reciclaxe e bo uso dos recursos.

THANKSGIVING

Na última semana de novembro, na área de Arts, conmemoramos o Día de Acción de Grazas, Thanksgiving, tradición americana que o noso auxiliar Sean nos explicou en que consiste e como a celebran en Florida, na súa cidade de orixe.

     

HALLOWEEN

O alumnado de primaria levou a cabo diferentes activiades de plástica relacionadas con Halloween, unha delas foi un mural colaborativo coa técnica da pintura soplada.

Logo de deixalo secar, cadaquén deu forma á súa criatura fantástica.

Entre todos tamén pensaron nun título arrepiante.

RANGOLI

Con motivo da celebración de DIWALI na India, a nosa auxiliar de conversa explicou ao alumnado en que consiste esta festividade, que simboliza victoria do ben sobre o mal. Nas casas indias adoitan facer mosaicos con arroz, fariña seca, area pintada e pétalos de flores para decoralas chamados RANGOLI.

O alumnado de 5º e 6º fixo unha represetación similar empregando pratos de cartón, papeis de cores, troqueles, pompóns, etc.

PEACE DAY

Dende o departamento de Arts fixemos varias cousiñas para conmemorar o Día da Paz:

un mural colaborativo e unha coroa por cada aula de primaria.

EPHEMERAL NATURE ART

O alumnado de primaria comezou este curso cunha actividade en Arts que lles encanta: Ephemeral Nature Art, que consiste en recoller obxectos da natureza e facer libremente unha composición. Logo deben poñerlle título e explicar en qué consiste. 

Son uns grandes artistas!

HALLOWEEN COLLABORATIVE MURAL

O alumando de primaria elaborou uns murais mois terroríficos co motivo da celebración de Halloween.

HENNA TATTOO

Este curso contamos de novo coa colaboración da nosa auxiliar de conversa Superva Ogra que ven dende a India.

O primeiro día estivemos facendo algún xogo, amosounos á súa recente viaxe á India onde asistiu á boda da súa irmá e aprendemos moito dos traxes típicos, da celebración e da comida tradicional.

Rematamos a sesión facéndonos tatuaxes de henna como lle fan á noiva o día anterior da voda.

PEACE DAY

O 30 de xaneiro conmemoramos o "Día da Paz e a non violencia" e dende o departamento plurilingüe de plástica fixemos unha pomba empregando diferentes texturas:

o alumnado de 1º de primaria foi o encargado de pegar algodón, o de 2º do papel pinocho, 3º de plastilina, 4º de envoltorios de magdalenas, 5º de arroz e 6º de porespán.

Entre todos fixemos esta bonita pomba:

CHRISTMAS CARD EXCHANGE

Un ano máis, o noso centro participa nun proxecto de intercambio de postais de Nadal a través de eTwinning. Despois de que o curso pasado este intercambio tivera que ser telemático por mor da pandemia, este curso retomamos o intercambio de forma física e as postais elaboradas polo alumnado de primaria viaxarán ata Turquía, Portugal, Croacia, Finlandia, Eslovaquia, República Checa, Lituania, Grecia, Rumanía, Italia e tamén a Santiago de Compostela.

Esperamos ansiosos recibir as nosas postais.

ABSTRACT ART: MONDRIAN

O alumnado de primaria estivo a traballar o arte abstracto. Imitaron unha das obras e estilos máis característicos de Mondrian experimentando con papel celofán, as cores primarias, as formas xeométricas básicas e as liñas.

EPHEMERAL NATURE ART

Esta semana en plástica traballamos o Arte Efímero coa Natureza.

O alumnado de primaria empregou a súa imaxinación para dar forma a diferentes obxectos cos materiais que atopou no noso patio.

Este foi o resultado das súas creacións:

Fai click neste enlace para acceder ao ebook

Distribuir contido