Ed. Primaria

Queres un conto?

Esta mañán o alumnado de 2º e 3º de Primaria gravou o programa da TVG "Queres un conto?" onde escoitaban un conto mentres aprendían cancións e a debuxalos.

Foi unha gran experiencia e mentres esperamos a publicación na TVG deixamos algunhas fotos da gravación.

 

https://photos.app.goo.gl/iJpGxfiujfmMRt1XA

LIBROS TEXTO 2024-2025

LIBROS CURSO 2024/2025

No arquivo axunto pódese ver a listaxe de libros para o vindeiro curso 2024-2025.

Fomos a piscina de Rianxo!

 

Hoxe desde o CEIP Plurilingüe de Abanqueiro queremos agradecer a todo o persoal, especialmente a Óscar, polas facilidades para levar a nosa rapazada de 4º, 5º e 6º a piscina de Rianxo.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Recital poético de Rosalía de Castro. Alumnado de 5º e 6º E.P.

"Airiños, airiños, aires"

"Adios, ríos; adios, fontes..."

I CONCURSO DE CONTOS DE MEDO 2020

Aquí achegamos os premiados deste

I CONCURSO DE "CONTOS DE MEDO NO SAMAÍN".

Grazas pola gran participación dos nenos e nenas de 4º,5º e 6º de E.P.!!! Este ano os premiados foron:

4º E.P.

"O Misterio de Malic" por Carla Rodríguez Fernández.

5º E.P.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/2021

No documento axunto figura a listaxe dos libros de texto para o vindeiro curso 2020/2021.

TALLER DE INTELIXENCIA EMOCIONAL

Bo día familias!

Esta semana faremos fincapé no "Bo Humor"

TALLER DE INTELIXENCIA EMOCIONAL

Bo día familias!

Esta semana imos traballar o  compromiso.

TALLER DE INTELIXENCIA EMOCIONAL

Bo día apreciadas familias! 

Esta semana no noso taller imos traballar a VONTADE:

Conseguir que os nenos  sexan capaces de controlar a súa forza de vontade e teñan a capacidade  e a preparación para afrontar as dificultades e os retos de cada día, non é tan fácil, aínda que se educamos neste senso dende pequeniños, non será tan difícil.

Fondo de Libros

19/06/2020

Finalización do prazo de solicitude de Fondo de Libros e Axudas para a Adquisición de Material Escolar.

TALLER DE INTELIXENCIA EMOCIONAL

Bo día familias!

Esta semana no noso taller emocional, tócanos traballar a LIBERDADE.

A Liberdade é a posibilidade que temos para decidir por nós mesmos como actuar nas diferentes situacións que se nos presentan na vida, respectando a nosa consciencia.

LETRAS GALEGAS

Ola de novo!

Deixamos aquí material variado para aprender moitas cousas de Ricardo Carvalho Calero. Van por orde de dificultade. 

Se queredes podédelas imprimir. Son moi chulas, xa veredes!

RULETA DE PASAPALABRA

Bo día amig@s!

TALLER DE INTELIXENCIA EMOCIONAL

Bo día amig@!!

Esta semana comezamos polo valor da xenerosidade. A xenerosidade é un rasgo da personalidade caracterizado por axudar aos demais dun xeito honesto, sen esperar obter nada a cambio. Practiquemos todos máis a xenerosidade. Seguro que nos sentimos moito mellor e, de seguro nos traerá cousas boas.

Unha aperta!

A mestra de PT: Verónica

 

PREPARÁNDONOS PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Bo día a tod@s!!

Está a caer o día das letras galegas. Este ano está dedicado a Ricardo Carvalho Calero, escritor e docente ferrolán.

A pesar do aprazamento establecido pola Real Academia Galega, que traslada a conmemoración oficial do Día das Letras Galegas ao 31 de outubro, son moitos os centros que están a desenvolver actividades sobre Ricardo Carvalho Calero.

Distribuir contido