Actividades Normalización |
|
|||
O pasado venres conmemoramos no noso centro "O Magosto". O alumnado comeu castañas no recreo, fixemos unha pequena fogata e puidemos disfrutar coas actuacións das cativas e cativos: houbo bailes, cantigas, raps, adiviñas e refráns e ata unha canción en inglés. Unha vez máis, queremos agradecer o traballo da ANPA no asado das castañas. Moitas grazas polo voso tempo!!! Déixamosvos un recopilatorio de fotos no seguinte enlace: |
|||
SAMAÍN (Actualizado)
Coma sempre, os nosos agradecementos á ANPA Napabán pola súa colaboración valiosa e desinteresada co centro coa única finalidade de que o noso alumnado sexa un pouco máis feliz. Fantástico Samaín! No seguinte enlace podedes acceder á galería de fotos: https://photos.app.goo.gl/HpiXf7pWwZmNFLWM7 Tamén vos deixamos o enlace ao obradoiro de cabazas: https://photos.app.goo.gl/h3DPZ1dqxX2j85up8
|
|||||||
5º PISTA DE PITA |
|||
|
|||
Día da Paz 2022
Aquí vos deixamos, con moito cariño, o vídeo do baile realizado polo alumnado de CEIP Plurilingüe de Abanqueiro para conmemorar o Día da Paz. ¡Lume!
|
|||
3º PISTA ATENCIÓN!!!! Bo día a todos amig@s! Esta mañá, recibimos unha nova pista de Pita, unha policía municipal, atopou dúas plumas de cores que divisou moi preto do Concello. Como está sendo moi mediática esta gaivota, xa todos saben que o seu niño mora aquí, no colexio de Abanqueiro, e polo tanto veñen a traernos o recado. |
|||
INFORMACIÓN INÉDITA!!!! Boa tarde amig@, informarvos que recentemente dúas nenas deste colexio atoparon a 2ª pista de Pita. Que nervios!!!!! |
|||
1º PISTA ÚLTIMAS NOVAS!!!!! Ola amig@s, acabamos de saber a localización da primeira pluma da gaivota Pita. Que emoción!! Estamos moi ansios@s por saber que nos preparou nesta primeira aventura esta gaivota tan intrépida. Ide coa vosa mestra/e ao mapa da entrada do cole, alí veredes a primeira pista do lugar que visitaremos. Será sensacional, aprenderemos moitas cousas!! |
|||
Bo día rapazada! Como lembraredes, levamos dúas semanas na procura da nosa mascota Pita. O seu sitio preferido era estar pendurada no teito da biblioteca, alí víavos cando íades a ler, facer deberes, escoitaba as vosas risas, vía como buscabades os libros e vos alegrábades cando por fin, atopabades o que máis vos gustaba. Ela era moi feliz, sempre estaba co sorriso no peteiro, pero ven o COVID e comezou a volverse gris, triste, sentíase moi soíña e super aburridaaaaa!!!! |
|||
Aviso importante: Queremos comunicar a desaparición da gaivota Pita, a nosa mascota do cole. Solicitamos a colaboración de todos vós, na búsqueda de Pita. Foi vista por última vez o pasado martes 21 de setembro, nunha fiestra da biblioteca. Por favor, se alguén ten novas dela, rogamos encarecidamente se poña en contacto co titor/a ou con dirección. Un cordial saúdo. |
|||
|
|||
Recital poético de Rosalía de Castro. Alumnado de 5º e 6º E.P. "Airiños, airiños, aires" "Adios, ríos; adios, fontes..." |
|||
Esta foi a homenaxe que creamos entre o alumnado de Educación Infantil para celebrar o día de Rosalía. Feliz aniversario para a lingua galega, para a poesía e para a liberdade de elixir!!! |
|||
UN DÍA DE MERENDOLA DE ENTROIDO EN ABANQUEIRO. QUE BOS ESTABAN OS CHURROS CON CHOCOLATE E QUE BEN O PASAMOS TODOS DISFRAZADOS!!! |
|||