Actividades

Charla-taller "A Alimentación en Idade Escolar"

 

O vindeiro mércores día 13 de marzo terá lugar, no CEIPP de Abanqueiro, unha charla-taller sobre A Alimentación en Idade Escolar. Esta charla forma parte dunha serie de actividades para traballar co alumnado do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro (coas familias) o camiño para unha corecta e saudable alimentación.

Ademais, disporemos dun servizo de canguraxe para aqueles que o necesiten; previa reserva no correo-e ceip.abanqueiro@edu.xunta.gal.

Esta charla (e o conxunto de actividades que a forman) está financiada pola ANPA NAPABÁN a través da liña de axudas do Concello de Boiro.

Informacións inicio de curso 23-24 - ANPA NAPABAN

Abaixo podedes descargar, por se o necesitades, as fichas de inscrición nas actividades extraescolares e madrugadores para este curso 23-24.

Estas fichas irán nas mochilas dos nenos hoxe.

1º ENCONTRO PEDAGÓXICO DE PAIS

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2015/2016

Aquí podedes obter o impreso necesario para a inscrición nas actividades extraescolares deste curso 2015/2016. Pinchade no documento adxunto como pdf. Tamén podedes obtelo na conserxería do centro.

Normas das actividades extraescolares do colexio de Abanqueiro.

- As actividades son para os nenos/a socios/a da ANPA (os que non sexan socios/as incrementaráselle o importe da actividade)

- Para inscribirse nalgunha actividade durante o curso escolar debe informarse na ANPA.

- Á saída da actividade é responsabilidade dos pais/nais recoller os nenos/as.

- É responsabilidade dos pais/nais avisar ao profesor/a se o neno/a vai ao cole e non vai a actividade.

- As datas das actividades están postas para todo o curso escolar.

Actividades para o curso 2013-2014

Patinaxe
3-12 anos
Pintura
Primaria
Taekwondo
3-12 anos
Informática
2º e 6º
Primaria
Inglés 3º a 6º
Primaria
Batuka
6 a 12 anos
Inglés
Infantil
e 1º e 2º Primara
Piscina
3-12 anos
LunsLunsMartesMartesMércoresXovesXovesvenres
12 €15€15€15€12€12€12€27€
(3 meses)
4:45 a 5:454:45 a 5:454:45 a 5:454:45 a 5:454:45 a 5:454:45 a 5:454:45 a 5:455:45 a 6:30

Tódalas actividades serán de 1 hora semanal e comezarán en outubro e rematarán en maio.

A actividade de piscina será na Piscina Municipal da Pobra. O custo será de 27 € por 3 meses e o horario é o mesmo para tódolos nenos.

Nas actividades de patinaxe e inglés contratadas con trebello en caso de irmáns, un deles tería un desconto de 2 €.

Para asistir ás actividades é obrigatorio ser socio da Anpa. As actividades teñen un mínimo de nenos para poderse levar a cabo.

Ficha de INSCRICIÓN nas actividades (Imprimir e entregar á NAPABAN cuberta)

Distribuir contido