Animación á lectura

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL.

Dende o Equipo de Biblioteca deixámosvos unhas recomendacións lectoras para agasallar este Nadal.

BO NADAL!

5º PISTA DE PITA

5º PISTA DE PITA

4º PISTA SEGUINDO AS PEGADAS DE PITA

3º PISTA SEGUINDO AS PEGADAS DE PITA

3º PISTA                                ATENCIÓN!!!!

Bo día a todos amig@s! Esta mañá, recibimos unha nova pista de Pita, unha policía municipal, atopou dúas plumas de cores que divisou moi preto do Concello. Como está sendo moi mediática esta gaivota, xa todos saben que o seu niño mora aquí, no colexio de Abanqueiro, e polo tanto veñen a traernos o recado.

2ª PISTA SEGUINDO AS PEGADAS DE PITA

INFORMACIÓN INÉDITA!!!!

Boa tarde amig@, informarvos que recentemente dúas nenas deste colexio atoparon a 2ª pista de Pita. Que nervios!!!!!

1º PISTA SEGUINDO AS PEGADAS DE PITA

  1º PISTA

ÚLTIMAS NOVAS!!!!!

Ola amig@s, acabamos de saber a localización da primeira pluma da gaivota Pita.

Que emoción!! Estamos moi ansios@s por saber que nos preparou nesta primeira aventura esta gaivota tan intrépida.

Ide coa vosa mestra/e ao mapa da entrada do cole, alí veredes a primeira pista do lugar que visitaremos. Será sensacional, aprenderemos moitas cousas!!

SEGUINDO AS PEGADAS DE PITA

Bo día rapazada!

Como lembraredes, levamos dúas semanas na procura da nosa mascota Pita. O seu sitio preferido era estar pendurada no teito da biblioteca, alí víavos cando íades a ler, facer deberes, escoitaba as vosas risas, vía como buscabades os libros e vos alegrábades cando por fin, atopabades o que máis vos gustaba.

Ela era moi feliz, sempre estaba co sorriso no peteiro, pero ven o COVID e comezou a volverse gris, triste, sentíase moi soíña e super aburridaaaaa!!!!

Desaparición da Gaivota Pita

Aviso importante:

Queremos comunicar a desaparición da gaivota Pita, a nosa mascota do cole. Solicitamos a colaboración de todos vós, na búsqueda de Pita. Foi vista por última vez o pasado martes 21 de setembro, nunha fiestra da biblioteca. 

Por favor, se alguén ten novas dela, rogamos encarecidamente se poña en contacto co titor/a ou con dirección.

Un cordial saúdo.

Actividades do Día do Libro 2020

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Recital poético de Rosalía de Castro. Alumnado de 5º e 6º E.P.

"Airiños, airiños, aires"

"Adios, ríos; adios, fontes..."

Día de Rosalía de Castro

Esta foi a homenaxe que creamos entre o alumnado de Educación Infantil para celebrar o día de Rosalía.

Feliz aniversario para a lingua galega, para a poesía e para a liberdade de elixir!!!

Día do libro 2020: Picnic literario

Boa tarde a tod@s!

Xa temos aquí o vídeo da celebración do Día do libro. Fixémolo con todas esas fotos tan bonitas que nos enviastes dos vosos picnics literarios. Esperamos que vos guste!

Nós tamén creamos!!

Aquí vos deixamos unha curtametraxe moi divertida que ten por título: "A mellor sopa do mundo" creada polos nenos e nenas do CEIP Labarta Pose de Zas, Provincia de A Coruña. Esperamos que vos guste!

http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/a-mellor-sopa-do-mundo-do-ceip-labartapose

Aí vén o Nadal

O traballo coordinado ten como resultado experiencias así de bonitas: unha semana temática,

con contacontos do clube de lectura,

actividades de dinamización da lingua arredor da figura do apalpador

e visita de papá noel.

REMO

O martes 11 de xuño, responsables do equipo de remo de Cabo de Cruz, viñeron ao noso colexio a impartir unha charla sobre o remo. Seguidamente o noso alumnado de 4º e 5º cuso de primaria, puxeron en práctica técnicas do remo.

Para ver imaxes clicade en REMO

Distribuir contido