Hoxe tivemos a visita de Pepe Carreiro, creador e ilustrador de series de literatura infantil tan coñecidas como "Os Bolechas" e "Os pequenos Barbanzóns". Durante a mañá, ensinounos como é o proceso de deseño de cada unha das súas personaxes; e incluso de debuxos animados coñecidos da súa infancia. Os nosos alumn@s preguntáronlle sobre o proceso de creación dos Bolechas e os Barbanzóns, en que se inspirou, canto tempo leva como debuxante e un sinfín de preguntas máis que foron xurdindo ao longo do seu diálogo cos cativos. Esperamos seguir disfrutando das aventuras destas familias tan xeniais durante moitos anos!
|
|||