O 25 de marzo o alumnado de Infantil visitou a Queixería Bama Arquesan en Touro. Durante toda a xornada estiveron visitando as instalacións e vendo todo o proceso de fabricación. Incluso tiveron a oportunidade de probar a vestimenta que se usa na fabricación do queixo: gorros, delantais... A merenda, como non podía ser doutra maneira, fíxose con bocadillos de queixo Bama. Logo dun momento para o xogo, chegou a hora de traballar, e cada alumno e alumna elaborou o seu propio queixo que nuns días recibirán no colexio. |
|||