Carreira de campo a través Concello de Boiro 2014

Este xoves, 13 de marzo, celebrouse no paseo marítimo de Praia Xardín, unha carreira de campo a través para tódolos escolares do Concello. Esta proba consistía en percorrer 700 metros ( 800 metros no caso da categoría infantil ) polo circuíto deseñado no paseo.

O CEIP PLURILINGÜE ABANQUEIRO participou en tódalas categorías, recollendo un total de 3 medallas.

  • 1 medalla de BENXAMÍN MASCULINO: Manuel Mariño Romero (5º posto)
  • 2 medallas BENXAMÍN FEMININO: Sabela Liñares Torrado (7º posto) e Andrea Rodríguez Viturro (2º posto).

Con todo isto, o centro conseguiu un 5º posto na clasificación xeral.

Dende a área de ed. Física, quérese agradecer a tódolos nenos e nenas a súa participación nesta competición, desexando que sexa a primeira de todas.

NORABOA A TÓDOLOS PARTICIPANTES!

Podes ver as imaxes na nosa galería.