Este curso recuperamos o Festival de Nadal para as familias. Xa temos ambientado o centro para esta celebración, e antes das vacacións o alumnado representará as súas actuacións para todas as familias. Algunhas imaxes: Decoración na entrada do colexio feitos por Myriam e Irene. Decoración de Infantil. Árbore de Nadal en 5º de Primaria.
|
|||