Antes de nada queremos darvos a benvida a este novo curso 2013 - 2014 que empeza. Co afan de ter unha comunicación máis rápida, efectiva e directa, establecemos un sistema de comunicacións telemáticas mediante SMS e correo electrónico. Outra finalidade deste sistema, é evitar o uso excesivo de recursos naturais e, en definitiva, adoptar unha actitude de protección do medio, mediante a reducción do gasto de papel e tintas. Os vosos titores e titoras informaranvos do proceso e aclararanvos cantas dúbidas teñades. Podedes descargar o impreso de Alta, Baixa ou Modificación, con toda a información, no apartado Secretaría: Impresos e formularios. |
|||