O pasado xoves tivo lugar no noso centro o tradicional enterro da nosa Ceboliña. Aquí tedes un pequeno resumo dese día. Moito choramos por ela!!! |
|||
Recollida de axuda humanitaria para os refuxiados da guerra en Ucraína
Cáritas Boiro ven de organizar un traslado de material humanitario para os refuxiados da guerra en Ucraína. O CEIP Plurilingüe de Abanqueiro súmase, como outras entidades locais de Boiro, como punto de recollida de material humanitario. |
|||
XORNADAS FORMATIVAS DE ESPAZOFAMILIAS
Este mes de febreiro, e ata o mes de maio, celébranse en Boiro unhas xornadas formativas para as familias e as persoas interesadas na poboación infantoxuvenil. A temática que as vertebra é o impacto da tecnoloxía na infancia e na adolescencia. O obxectivo, analizar as relacións e os riscos do ecosistema dixital no que se desenvolve a rapazada de Boiro e fortalecer as nosas ferramentas para conseguir un uso inclusivo e saúdable das Tecnoloxías da Relación, Información e Comunicación ( TRIC). |
|||
|
||||||||
O CEIP PLURILINGÜE DE ABANQUEIRO amosa o seu sentido pesar polo pasamento de Cocó. Figura coñecida e implicada na nosa parroquia e colaborador en diferentes actividades do noso centro; axudando a que os pequenos e pequenas fosen un pouco máis felices. ¡Adeus amigo!
|
|||
Programación de actividades do Entroido en Boiro Axúntase a programación das actividade do Entroido no noso concello. |
|||
|
|||
Cutso de formación para abordar as necesidades TIC máis basicas das familias do Concello de Boiro estruturado en 3 niveis e en dous horarios distintos: 1- Manexo básico do ordenador e sistemas de comunicación: mail, videoconferencias, Abalar... |
|||
Teatro no Auditorio de A Cachada
|
|||
Onte foi o último día da nosa auxiliar de conversa india no noso centro. Sabemos que todos a imos botar moito de menos. Algo que recordarán todos os nen@s do seu paso polo noso cole é a canción de Bum Bum Bole que tanto bailamos en clase dende a súa chegada. Esta canción aparece nunha película india e o seu protagonista é un mestre de educación primaria. Suparva fixo un pequeno vídeo recopilando anacos de baile en tódolos cursos. Espero que vos guste tando coma aos nenos. |
|||
Día da Paz 2022
Aquí vos deixamos, con moito cariño, o vídeo do baile realizado polo alumnado de CEIP Plurilingüe de Abanqueiro para conmemorar o Día da Paz. ¡Lume!
|
|||
Xornadas formativa de interese Concello de Boiro
|
|||
Test de antíxenos COVID-19 orais
A Consellería de Educación vén de repartir test de saliva de antíxenos COVID-19 para ser empregados cando o indique a CSC ante a aparcición dun caso COVID no grupo. O uso dos test está moi limitado a casos concretos. O centro avisará ás familias (do alumnado de Primaria que sexa seleccionado) cando poidan dispoñer dun destes test. Estes test facilitaranse dende o centro educativo e deberán realizarse no domicilio familiar seguindo as indicacións que a continuación se indican:
Ademais indicamos un vídeo explicativo de como se realiza a toma da mostra: |
|||
Actualización das normas de actuación perante a presentacións de casos postivivos Actualización a 14 de xaneiro de 2022
¿Que fago se o meu fillo ten síntomas compatibles coa COVID? Se o alumnado ten calquera sintomatoloxía compatible coa COVID debe proceder como se viña facendo: NON PODE asistir ao centro educativo de maneira preventiva e debe solicitar cita co pediatra que indicará o procedemento a seguir, que habitualmente será a realización dunha PCR para descartar a COVID.
¿Que fago se un dos membros da miña unidade familiar é un caso positivo? |
|||
Actividade do Concello de Boiro durante o NADAL 21
Axunto tamén poden atopar carteis individuais das actividades propostas. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »