Sexto

Xoves 26 de marzo

Bos días!

O traballo para mañá xoves será o seguinte:

Matemáticas: unha ficha sobre as unidades de medida e o paso dunha a outra. Comezamos pola lonxitude.

Lingua: Uns exercicios de repaso sinxeliños.

Naturais: Gustouvos o vídeo de onte? Entendéstedelo? Outro día seguiremos traballando o tema da enerxía. Hoxe propóñovos que fagades un texto explicando a información básica sobre os cogomelos para un grupo de persoas que participan nunha actividade na que vós sodes monitor@s. Animádesvos?

Unha aperta.

Tarefas para o mércores 25

Ola!

Deixovos o traballo para mañá de naturais, sociais e matemáticas.

En matemáticas son uns problemas.

En naturais un vídeo sobre a enerxía e unhas preguntas: primeiro vede o vídeo completo (son uns 7 minutos) e despois se queredes poñédeo de novo para ir respondendo. Se ides parando para responder sen telo visto antes completo non ides entender, así que facede como vos digo. Son preguntas moi sinxelas, só para que prestedes máis atención a eses aspectos. Están na mesma orde que aparecen no vídeo. Tedes o enlace para ver o vídeo no documento que vos mando.

En sociais propóñovos que fagades unha liña do tempo (como a que fixéstedes da vosa vida) na que situar uns acontecementos históricos que aparecen nas páxinas 96 e 97 do libro de texto.

Relixion

Ola, avisaronme que algún nen@, ten o libro da "Ecopanda" No cole. Por este motivo podedes facer un traballo d investigación sobre "O Camiño De Santiago".buscando información sobre as distintas rutas, os símbolos e quen o como se realiza. Tamén podedes incluir algún debuxo. Gracias e moito ánimo. 

relixion 27 MARZO

Ola ,para seguir traballando a lectura da"ecopanda".podedes  realizar as seguintes preguntas.

1-CANTOS E QUEN SON OS COMPOÑENTES DA ECOPANDA?

2-ONDE ESTUDAN E EN QUE NIVEL?

3-QUEN FOI O MAGO MERLIN?

4-CAL FOI A PRIMEIRA GUIA TURISTICA DA HISTORIA?

5-ONDE ESTA GARDADO O UNICO EXEMPLAR EXISTENTE?

6-ONDE SE AGOCHA MISTER RETOPE?

Traballo para o martes

Ola! Deixovos traballo para mañá martes de lengua, lingua e matemáticas.

En matemáticas imos repasar os números enteiros e as coordenadas, lembrades?

En lingua unha ficha de repaso de distintos contidos que fomos traballando ao longo do curso.

E para lengua escribir unha entrevista. Lembrade o que traballamos na clase coa que vos levei de Benedicta. Comezando presentando á persoa que entrevistas e despois as preguntas que lle fas. Podedes entrevistar a alguén da vosa familia ou inventar @ entrevistad@. Tamén podedes simular entrevistar a alguén famoso. 

Saúdos.

ACTIVIDADES INGLÉS MARTES 24 e XOVES 26

Boas de novo!

Para os dous días que quedan desta semana propóñovos facer unha redacción. Xa sei que é unha das actividades máis complexas en calquera lingua, por isto, elaborei unhas pautas a seguir, é como se fórades redactando pouco a pouco a vosa historia.

Non vos deixo máis traballo esta semana porque son consciente do esforzo que supón esta tarefa.

Moito ánimo,

Arancha

Traballo para o luns 23

Bos días a todas e todos!

Que tal estades? Espero que ben, e non moi aburrid@s con esta situación. Vainos tocar ter paciencia e levalo o mellor posible.

Deixovos o traballo para mañá:

Lengua: Supoño que saberedes que nestes días de descanso entrou a primavera, non? Imos traballar sobre un poema da primavera de Antonio Machado.

Matemáticas: Unhas preguntas a partir dun gráfico de barras que debedes interpretar. Penso que vos resultará doado. Fixádevos e tede en conta cando vos falan de persoas en xeral ou de mulleres ou homes.

Sociais: A partir do mapa de España da páxina 157 do libro (ou calquera no que aparezan CCAA, provincias e capitais) cubrir unha táboa.

ACTIVIDADES INGLÉS LUNS 23

Bo día a tod@s:

Como o ides levando? Seguro que algún día se vos fai un pouco longo, pero tede paciencia, veredes como todo isto pasará e se nos quedamos todos na casa xuntos venceremos ao virus.

Para este luns propóñovos ver o seguinte video de repaso do Past Simple with regular verbs.

VIDEO

Lengua

Por último, uns exercicios de lengua para repasar as palabras derivadas.

Naturais

Unhas tarefas de repaso do tema 6 de naturais.

É un modelo de exame, así que traballa un pouco todo o tema.

Sociais

Unhas preguntas sobre o apartado da Unión Europea.

Problemas de matemáticas

Último envío ata o domingo pola tarde, que publicarei o traballo para o luns.

Deixovos uns problemas de matemáticas. 

Un saúdo.

Leyenda

Lembrades que tiñamos pendente a recollida de lendas nas vosas familias? Pois que mellor momento que este, non?

Escribide, en castelán, unha lenda que coñezan na vosa casa. Se pode ser sobre esta zona, mellor.

Coidade a expresión, poñer puntos despois de cada idea completa, empregar comas cando sexan necesarias ... En resumo, aplicádevos para facer un bo traballo a nivel de contido e de expresión, de acordo?

Cando volvamos a clase poderedes expoñelas ante @s compañeir@s. 

Distribuir contido