Quinto |
Good morning! How are you? Did you like the video? Para hoxe propóñovos facer algunha actividade relacionada con Pascua (Easter), xa que non podemos facer a nosa xa tradicional Easter Egg Hunt (caza do ovo de Pascua): 1º Repasar a tradición inglesa desta celebración na presentación que vos axunto. 2º Facer a ficha Our Easter Reading Comprehension: unha lectura sobra a Pascua cuns exercicios a resolver. 3º Facer o Easter Crossword que vos axunto, non fagades trampa porque na segunda páxina van as solucións. |
|||
Ola: Este é o traballo de hoxe. Vémonos na videoconferencia. Un saúdo |
|||
OLA CHIC@S! PROPOSTA PARA ESTA SEMANA LECTURA DO POEMA "TODO ESPERA QUE TE ESPERA".podedes escribir 2 ou3 cambios que fixestedes estas semanas e tamen facer un debuxo. |
|||
Good morning! How was the video yesterday? were you scared? Cómo foi o video de onte? Tivestes medo? Seguro que a Manuel, por exemplo, encantoulle. Hoxe propóñovos xogar ao TRIVIAL. É unha actividade de repaso de varios temas, así que fixádevos ben.
See you tomorrow! |
|||
Bos días: Esta é a tarefa para o día de hoxe. Xa explico todo na videoconferencia. Vémonos. Un saúdo |
|||
Bos días: Hoxe como acordamos este fin de semana empezamos coas clases por videoconferencia, pero aínda así eu envío a clase de hoxe por aquí e máis as tarefas. Un saúdo |
|||
Good morning! How was your weekend? Hoxe propóñovos unha actividade que consiste en ver un video e ir respondendo ás preguntas que vos preparei, deste xeito traballamos o listening ou a comprensión oral. Estade moi atentos, eu verei a voso traballo na aplicación. Ao final non tiven que empregar os correos dos vosos pais, descubrín outra forma de darvos de alta. Os pasos a seguir son: 1º Tedes que entrar en EdPuzzle: edpuzzle.com |
|||
Ola guap@: Que tal ? Lembrade que este fin de semana cambia a hora. Envíovos a tarefa de hoxe e máis algo para o fin de semana. Seguide traballando que o estades facendo moi ben. Saúdos. |
|||
Good morning! How are you today? I'm fine but I miss you so much. Hoxe teríamos Arts and Crafts así que vouvos propoñer unha actividade de Easter (Pascua) porque xa nos estamos acercando. Esta actividade consiste en facer unha Easter Bunny Puppet (unha marioneta do coelliño de Pascua). No arquivo axunto déixovos unha imaxe do resultado final e na segunda páxina a plantilla para imprimir, colorear, recortar e dar forma. Espero que vos guste. |
|||
Bos días: Hoxe vamos traballar con matemáticas. Fixádevos na explicación que vos mándo o principio porque é un contido novo. Logo facedes as actividades como de costume para reforzar este contido novo. Cando as teñades feitas enviádelas e xa vos corrixo coma estos días. Se hai algunha dúbida preguntádeme polo Abalar e xa vos respondo para que poidades continuar. Ánimo que o estades facendo moi ben. |
|||
Bos días: Xa recibín os traballos estou correxindo e envíovos os comentarios e as correccións coma sempre polo Abalar, ao longo do día irédelas recibindo. Non esquezades de estudar o verbo que mandei, que volo pregunten na casa porque é importante para ir entendendo os demáis verbos. Envíovos o traballo para hoxe. Sede fortes e esforzádevos que logo vai pasar todo. Se hai dúbidas coma sempre preguntádeme polo Abalar. |
|||
BOS DÍAS: Hoxe mándovos un tema novo de lengua. Témolo que facer canto antes porque seguirei traballando contidos novos e debemos intentar ir todos a vez, sen quedarnos atrás. Non recibín nada de onte, houbo algún problema? Preguntádeme polo Abalar. Un saúdo.
|
|||
Good morning! Espero que todos sigades ben. A tarefa que vos propoño hoxe é facer unha redacción. Xa sei que é unha das actividades máis complexas en calquera lingua, por isto, elaborei unhas pautas a seguir, axudaranvos a redactar pouco a pouco a vosa historia. Non vos deixo máis traballo para esta semana porque son consciente do esforzo que supón esta tarefa. Moito ánimo. Have a nice day! See you next week! Arancha |
|||
Ola ,para seguir traballando a lectura da"ecopanda".podedes realizar as seguintes preguntas. 1-CANTOS E QUEN SON OS COMPOÑENTES DA ECOPANDA? 2-ONDE ESTUDAN E EN QUE NIVEL? 3-QUEN FOI O MAGO MERLIN? 4-CAL FOI A PRIMEIRA GUIA TURISTICA DA HISTORIA? 5-ONDE ESTA GARDADO O UNICO EXEMPLAR EXISTENTE? 6-ONDE SE AGOCHA MISTER RETOPE? |
|||
Boas: Espero que esteades todos ben. Esta semana vamos traballar contido novo posto que a situación que estamos vivindo se vai alargar. Hoxe envíovos os apuntes do tema 6 de sociais e naturais que faltaba para rematar os contidos desta avaliación. Por iso, pídovos que agora vaiades facendo todo día a día porque son contidos novos. Se tendes algunha dúbida preguntádeme polo Abalar. Un saúdo e moito ánimo ! |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »