Terceiro

ACTIVIDADES INGLÉS MARTES 31

Good morning again!

How was your Yoga lesson yesterday? Cómo foi a vosa sesión de yoga de onte? Podedes contarmo se vos apetece escribíndome á dirección de correo ceipabanqueiro@gmail.com

Hoxe imos a seguir xogando pero neste caso repasando moitas cousas que xa aprendimos. Nesta páxina podedes seleccionar o xogo na pestana que aparece arriba de todo de GAMES ou mellor o TOPIC, que sería o tema sobre o que irá o xogo porque do outro xeito podedes entrar en vocabulario que non demos.

Déixovos aquí o enlace: ESLGAMES

ACTIVIDADES INGLÉS LUNS 30

Good morning! 

How are you today?

Como ben sei que aos meus alumnos de 3º lles encanta facer Mindfulness, hoxe propóñovos facer unha sesión de yoga en inglés. Como dura uns 30 minutos penso que xa é suficiente.

Estade ben atentos porque tamén é importante que sigades escoitando cousas en inglés.

YOGA FOR KIDS

Tarea lunes 30 marzo

Ola. Como imos? Espero q ben e con ganas de traballar.

Estas son as tarefas para o luns:

- Catellano, pá139 (1, 2, 3, 4, 5)

- Matemáticas, pág 146 (1, 2, 3); pág 147. (1, 2)

Cando rematedes todo, podedes facer algún puzzle, ler, pintar algo....

Tareas viernes 27 de marzo

Ola raparig@s. Que tal o levades? Espero que se vos faga levadeiro ainda que non énada fácil estar tanto tempo metidos na casa. Pronto poderemos sair a pasear, xogar, ir ao cole....

De momento, imos  seguir traballando a distancia. Seguro que o ides facer moi ben. Animo e a por todas.....

Estas son as tareas para o venres 27 de marzo:

Castellano

- El artículo. Leer y copiar cuadro ( boa letra e sen faltas, recordade)

- Pag 138 (1, 2)

Matemáticas

-Pag 144 (1, 2, 3)

Pag 145 (1)

Ala, a seguir adiante. Facede, se podedes algún xogo das táboas de multiplicar. E non vos esquezades de ler un pouquiño cada día.

TAREAS JUEVES 26 MARZO

Ola chic@s. Tedes moita gana de traballar? Pois aquí vos deixo tareas para hoxe.

CASTELLANO

- Lectura de la unidad 10 y ejercicios de comprensión de la pag 136 (de forma oral)

- Pág 137 Lectura y copiar cuadro. Actividades 9, 10,11

MATEMATICAS

- Pág 142 (1, 2, 3, 4, 5, 6)

Acordádevos de facer boa letra e ser ordenados cos números.

Segimos traballando

Bos días a tod@s. Espero que  esteades ben e pouco aburridos de tanta casa. Xa teredes ganas de volver ao cole

Fixestes todos os traballos que levastes para a casa? Supoño que si ou que polo menos os estaredes rematando. Moi ben...  Pois a partir de mañá imos comezar a unidade 10 de mates e caste. Ireivos mandando cada día un pouquiño traballo e faremos como na clase: poñemos a data,copiamos os enunciados e facemos os exercicios pensando ben (coa cabeza posta no que facemos). Recordade que debemos facer boa letra e copiar sen faltas (moi importante)

RELIXION 26 DE MARZO

ola ,como sabedes de momento temos que seguir na casa,por iso mandovos un enlaces para poder ver algun video.

Lembrade  a actividade do arcoiris e sacar a foto co debuxo e  enviala o cole ou o meu correo :  dreybenlloch@gmail.com

https://youtu.be/b2nhLXpt0Mg

https://youtu.be/0qmIuAWTir8

ACTIVIDADES INGLÉS MÉRCORES 25

Good morning!

Espero que todos sigades ben.

As actividades de hoxe serán facer unha pequena ficha de repaso das preposicións e xogar ao Pacman.

PACMAN

Have a nice day! See you  next week!

Arancha

ACTIVIDADES INGLÉS MARTES 24

Good morning everyone!

Hoxe soamente vos vou deixar un xogo do TRIVIAL para que repasedes estruturas básicas, fixádevos moito.

TRIVIAL

Que pasades un bo martes! Sede pacientes e portádevos ben.

Vémonos pronto!

ACTIVIDADES INGLÉS LUNS 23

Bo día a tod@s:

Como o ides levando? Seguro que algún día se vos fai un pouco longo, pero tede paciencia, veredes como todo isto pasará e se nos quedamos todos na casa xuntos venceremos ao virus.

Para este luns propóñovos facer unha ficha de repaso.

E logo de traballar un pouquiño, podedes repasar os contidos xogando.  Premede no seguinte enlace:

ARCOIRIS SOLIDARIO

OLA ,MOITO ANIMO E PRONTO ESTAREMOS DE VOLTA NO COLE.

Si fora posible ,gustariame QUE CADA UN FIXERA UN DEBUXO DO ARCO DA VELLA  E ESCRIBIR 1 MENSAXE DE ANIMO."TODO IRA BEN".DESPOIS O PODEDES COLGAR NA VENTANA DA CASA. .TAMEN 

 o podedes traer o cole a volta, e as,i con todos os debuxos faremos un  mural.Outra opcion e facer 1  foto o debuxo e enviar a :dreybenlloch@gmail.com.

Gracias.

ACTIVIDADES INGLÉS MÉRCORES 18

Bo día a tod@s:

Hoxe vouvos deixar unha pequena ficha de repaso sobre o tema que estivemos a ver.

Tamén vos recomendo ver o conto de Aladdin (preme no seguinte enlace e logo baixa a barra de desprazamento para ver o conto de Aladdin). Espero que vos guste.

ALADDIN

Coidádevos moito e ata o luns:

relixion

ACTIVIDADES INGLÉS MARTES 17

Ola de novo:

Hoxe imos repasar as preposicións, que foi a parte de gramática que vimos nesta unidade 4. Para empezar déixovos o video de repaso para as preposicións: ON, IN, UNDER, BY (NEXT TO).

A través de 2 xogos interactivos podedes repasar as preposicións nesta páxina: Exercicios repaso

ACTIVIDADES INGLÉS LUNS 16

Bo día chic@s:

Dentro dun rato deberíades estar en clase de inglés comigo, pero por motivos de seguridade debemos quedarnos todos en casa, xa veredes como entre todos seremos capaces de superar ao Coronavirus e pronto volveremos a estar todos xuntos. O importante é que fagades moito caso estes días aos vosos papás porque tamén é unha situación difícil para eles.

Eu irei colgando actividades de repaso para que non vos olvidedes de todo o aprendido.

Distribuir contido