O alumnado do noso centro aumentou significativamente co nacemento dos pitiños que incuvamos durante as últimas 3 semanas. ¡Que emoción e que ilusión cando eclosionaron! Moitísimas grazas a Dani (un dos pais do centro e posiblemente un dos que máis sabe de "polos") por guiarnos e cedernos as ferramentas axeitadas.
|
|||
Achégase o programa de actividades da edición 2022 do Festival Audiovisual Escolar que a Asociación Cultural Olloboi organiza dende hai máis de 10 anos. Destacar a actuación destinada a público infantil “Show Peter Punk”, espectáculo completamente gratuíto que se realizará no Parque de A Cachada a partir das 18:00 horas do venres día 10 de maio. No caso de que alguén queira asistir á gala de entrega de premios (Abadía de San Enrique a partir das 20:30 horas) deberá realizar unha reserva de praza a través da páxina web de Olloboi. |
|||
Solicitude de servizos complementarios continuidade/novo acceso
Con motivo da actualización de listaxes de usuarios de comedor e transporte que debe realizarse preceptivamente neste mes, por se é necesaria a solicitude dunha ampliación do servizo, Rogamos que nos traian cuberto, a solicitude correspondente para o alumnado. O alumnado que actualmente está usando o servizo levará unha copia das solicitude na súa mochila, para aqueles usuarios de nova incorporación poden descargar, cubrir e entregar a solicitude axunta ou ben solicitala na secretaría do centro. |
|||
Estamos de noraboa! Fomos premiados! Co CEIP Plurilingüe de Abanqueiro acaba de ser galardonado co Accésit ao Certame de Cooperativismo no Ensino 2022 grazas ao traballo do alumnado e profesorado do Ciclo de Educación Infantil; logo da súa participación neste certame con "Escultura Narrativa" (unha un conto, e a súa representación plástica, elaborado polo alumnado de Educación Infantil) |
|||
Aberto prazo de inscrición na Escola de Música de Boiro Para realizar a inscrición prema na seguinte ligazón: https://forms.gle/vuS8vz4FVatxhtKt6 |
|||
|
|||
Formalización de Matrícula (só para o alumnado de novo ingreso no centro) Para aqueles que participaron no proceso de Admisión de Alumnado correspondente ao curso 2021-2022 (Novas matrículas no centro) e obtiveron praza, poden pasar polo centro para a formalización da matrícula. Para elo deberán entregar a documentación que non axuntaran á solicitude e cubrir e asinar o impreso axunto a este post. |
|||
|
|||
O pasado venres tivemos o pracer de recibir no noso centro a Víctor Lorenzo, máis coñecido na súa terra como Víctor Lomba, un apasionado do mundo dos nenos. Con el descubrimos as últimas pegadas da nosa benquerida Pita, a gaivota mascota da nosa biblioteca que fai uns meses escapou e segue perdida por Boiro adiante. |
|||
PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO
Bo día, comunicámoslles que xa están dispoñibles no taboleiro do noso centro as listaxes definitivas do alumnado admitido para o vindeiro curso 2022-2023. Informámoslles de que todas as solicitudes foron admitidas. |
|||
Bolsas para estudiantes maiores de 21 anos
Veñen de convocarse bolasas de estudio para estudiantes maiores de 21. As bases e máis información no Blogue BoiroEducación. |
|||
A Miña Lingua A Túa Lingua Producción de Viravai na Casa de Cultura de Boiro
|
|||
|
|||
A ilustradora SONIA GARCÍA, visitou o noso centro e explicoulle aos nenos técnicas moi interesantes sobre a ilustración. |
|||
O CEIP Plurilingüe de Abanqueiro colabora con Cruz Vermella co seguinte número
Este ano, o CEIP Plurilingüe de Abanqueiro colabora con Cruz Vermella coa merca deste número de lotería do Sorteo do Ouro de Cruz Vermella. Quen queira dispoñer dun destes billetes só ten que pasar polo centro a reservar o seu billete a aboar a cantidade. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »