Actividades Normalización |
Aquí vos deixamos outro pequeno video do que fixeron os alumnos de 1º e 2º. |
|||
Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que fixeron os alumnos de 3º e 4º de primaria. |
|||
Aquí vos deixamos o último video co que fixeron os alumnos de 5º e 6º de primaria. |
|||
Este xoves celebramos o magosto. Agradecemos á ANPA a súa participación no asado das castañas e a súa colaboración na realización dos xogos populares. |
|||
Celebramos as Letras Galegas cunha pequena Romaría na que contamos coa colaboración da Asociación Amicos. O alumnado puido disfrutar de talleres, xogos e dun pequeno xantar no que colaboraron as familias. |
|||
Por último, saímos ao patio e todo o alumnado de Educación Primaria interpretou a canción "O son do ar". |
|||
O alumnado de 6º de Educación Primaria interpretou á frauta o "Himno galego". |
|||
Logo seguíronlles o alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria coa súa interpretación á frauta da canción "Danza de paos". |
|||
Continuaron a súa actuación o alumnado de 4º de Educación Primaria coa interpretación á frauta da canción "O primeiro valse". |
|||
O pasado mércores 16 de maio tivo lugar no CEIP Plurilingüe de Abanqueiro a conmemoración do Día das Letras Galegas coa súa tradicional romaría e as actuacións dos nosos protagonistas. Nesta ocasión, comezaron os máis pequenos coa súa representación da canción "A princesa do Caurel". |
|||
O alumnado de 3º e 4º curso de educación primaria, asistiron onte ao estreno literario do libro Unha visita polo Concello con Baia. Esta actividade organizouna o Concello de Boiro para todos os colexios do Concello. |
|||
Onte conmemoramos no noso centro o día da muller traballadora xunto coa semana da prensa, con tal motivo, a TVG fíxonos unha reportaxe que enlazamos a continuación por se alguén non o puido ver en directo. |
|||
O enterro da Ceboliña é unha tradición do noso colexio. Os encargados de levar a dona Ceboliña e de ler o seu testamento foron os nenos e nenas de sexto curso. Aquí tedes un pequeno resumo: |
|||
Esta semana foi moi divertida. Cada día puxémonos algo diferente, seguindo as comandas do Entroido. O venres, vestidos con traxes hindús, alemáns, arxentinos, mexicanos, tanzanios, portugueses e maorís, fixemos un desfile, unha desgustación de alimentos típicos do Entroido e uns bailes típicos dos países ao que cada clase representou. Aquí tedes un pequeno vídeo con imaxes de toda a semana. |
|||
O día 2 de febreiro celébrase a Candeloria. Esta data considérase coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. A Candeloria é a época do casamento dos paxaros. Hai un refrán que di: “Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar”. Para conmemorar este día, o alumnado elaborou este bonito cartel no que expoñen os seu desexos de amor e amizade: |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »