Novas e actualidade. |
Nós tamén creamos!
O alumnado de Educación Infantil vén de realizar este curso unha curta baseada no conto de OQO "O sultán e os ratos" que agardamos que vos guste. |
|||
|
|||
Os nosos agradecementos á ANPA Napabán, que sempre está pensando no centro, pola súa doación de material educativo de Educación Infantil; sempre necesario e que acabará mellorando a formación dos máis pequenos. Moitas grazas!
|
|||
Para todos aqueles que queiran inscribirse na excursión de CIES, deben falar directamente coa ANPA ou entregar a ficha de inscrición axunta o máis pronto posible. |
|||
|
|||
Premios do Certame de Cooperativismo no Ensino 2022
O noso centro vén de recibir hoxe o premio "Accésit" do Certame de Cooperativismo no Ensino 2022 pola nosa "Escultura Narrativa" que, a parte de orzamento extra para desenvolver actividades no Ciclo de Educación Infantil, nos trouxo a visita da Directora Xeral de Emprego (Margaria Ardao) e unha Obra de Teatro para os máis pequenos. Moitísimas grazas ao profesorado activo e implicado do Equipo de Infantil e ao alumnado participante por facernos desfrutar dunha xornada como a de hoxe.
|
|||||||||
Veráns deportivos do Concello de Boiro 2022
Publicada a oferta de actividades deportivas do Concello de Boiro para o verán 2022. O prazo de solicitudes empezará o 15 de xuño de 2022. Axúntase tríptico e instruccións para a inscrición a través da web e correo electrónico.
|
|||
Formación en Primeiros Auxilios
O noso alunado recibiu esta semana unha completa formación en Primeiros Auxilios (polo que agradecemos a colaboración da Cruz Vermella de Boiro) co fin de ir interiorizando condutas de resposta ante posibles urxencias. Agardamos que non teñan que empregalo nunca!
|
|||||||
Concerto musical
Hoxe desfrutamos dun fantástico concerto a cargo da Escola de Música de Boiro (EMB) e de varios dos nosos alumnos con formación musical. Estes concertos de media semana... axúdannos a rematar o curso con máis ganas.
|
|||||||
O alumnado do noso centro aumentou significativamente co nacemento dos pitiños que incuvamos durante as últimas 3 semanas. ¡Que emoción e que ilusión cando eclosionaron! Moitísimas grazas a Dani (un dos pais do centro e posiblemente un dos que máis sabe de "polos") por guiarnos e cedernos as ferramentas axeitadas.
|
|||
Achégase o programa de actividades da edición 2022 do Festival Audiovisual Escolar que a Asociación Cultural Olloboi organiza dende hai máis de 10 anos. Destacar a actuación destinada a público infantil “Show Peter Punk”, espectáculo completamente gratuíto que se realizará no Parque de A Cachada a partir das 18:00 horas do venres día 10 de maio. No caso de que alguén queira asistir á gala de entrega de premios (Abadía de San Enrique a partir das 20:30 horas) deberá realizar unha reserva de praza a través da páxina web de Olloboi. |
|||
Estamos de noraboa! Fomos premiados! Co CEIP Plurilingüe de Abanqueiro acaba de ser galardonado co Accésit ao Certame de Cooperativismo no Ensino 2022 grazas ao traballo do alumnado e profesorado do Ciclo de Educación Infantil; logo da súa participación neste certame con "Escultura Narrativa" (unha un conto, e a súa representación plástica, elaborado polo alumnado de Educación Infantil) |
|||
Aberto prazo de inscrición na Escola de Música de Boiro Para realizar a inscrición prema na seguinte ligazón: https://forms.gle/vuS8vz4FVatxhtKt6 |
|||
|
|||
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »