Ed. Primaria |
Aquí podedes ver unha pequena mostra da nosa participación no Duathlón 2015, que organizou o Concello de Boiro o pasado xoves, 12 de marzo. AGRADECER a todos os nenos e nenas que se aventuraron a probar esta nova modalidade deportiva, aínda un pouco descoñecida entre os rapaces; e ANIMALOS a seguir participando das diferentes disciplinas deportivas. Espero que disfrutárades do día e sobre todo, do encontro con outros nenos e nenas dos colexios da comarca. ESPERO VERVOS NA SEGUINTE COMPETICIÓN! |
|||
|
|||
Coma todos os anos, no mes de novembro chega o San Martiño e con el... a celebración do Magosto. Os nenos e nenas do noso colexio reúnense ao redor da fogueira para comer castañas asadas; Aquí vos deixamos unha pequena mostra dos alumn@s de 5º que disfrutaron deste día. Non deixedes de visitar a nosa galería para ver máis momentos divertidos! |
|||
O 6 de maio, nenos e nenas do 2º e 3º ciclo de Educación Primaria realizaron unha saída ao Ecoparque Multiaventura de Marín. Alí realizaron diferentes circuítos arbóreos (graduados en dificultade) e unha ruta de sendeirismo polo Lago Castiñeiras. A continuación deixámosvos unha pequena mostra do ben que o pasamos ese día. Se queres ver máis imaxes, non deixes de visitar a nosa galería fotográfica. ESPERAMOS PODER REPETIR!! |
|||
Este xoves, 13 de marzo, celebrouse no paseo marítimo de Praia Xardín, unha carreira de campo a través para tódolos escolares do Concello. Esta proba consistía en percorrer 700 metros ( 800 metros no caso da categoría infantil ) polo circuíto deseñado no paseo. O CEIP PLURILINGÜE ABANQUEIRO participou en tódalas categorías, recollendo un total de 3 medallas.
Con todo isto, o centro conseguiu un 5º posto na clasificación xeral. |
|||
O xoves 27 de febreiro recibimos a visita do "Premio Merlin de Literatura Xuvenil 2013". O alumnado de quinto e sexto de Primaria leron o libro "O castañeiro de abril" e posteriormente, o seu autor, Antonio M. Fraga, visitounos para contarnos como cousas do seu libro e para contestar as preguntas do alumnado. |
|||
On Friday, February 21th, students in 5th grade enjoyed a typical American breakfast. |
|||
On Thursday, February 13th, students in 3th grade enjoyed a typical American breakfast. |
|||
On Tuesday, January 28th, students in 4th grade enjoyed a typical American breakfast for the first and second hours of the day. Everyone was able to help out for this celebration in English class: some students brought paper plates, others brought freshly-laid eggs, and others brought butter and sliced bread. We divided into four groups: one group helped Teacher Fran fry bacon and cook scrambled eggs, another group helped Teacher Teresa make toast, the third group helped Teacher Trevor make freshly-squeezed orange juice, and the final group set the tables with the plates, silverware, cups, and napkins. We also had a variety of milk and cereal to eat. At the table, everybody really enjoyed the delicious food and practiced speaking English with their good table manners. The 3rd, 5th, and 6th graders are excited to have their own American breakfasts soon! |
|||
O prometido é debeda, así que aquí vos deixo unha sesión de "Acrosport" realizada polo alumnado de 4º de Primaria. Esta levouse a cabo dentro da unidade didáctica adicada ao equilibrio, que traballamos unhas semanas antes de rematar a primeira avaliación. MIRADE COMO SE ESFORZARON!! |
|||
Que mellor maneira de comezar esta 2ª avaliación, que co sorriso dos nenos e nenas do 3º ciclo. Esta proxección amosouse durante a actuación do alumnado de 5º e 6º no festival de Nadal deste curso. Con ela pretendíase enviar unha mensaxe positiva, nestes momentos un tanto difíciles que estamos a vivir. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!! |
|||
Aquí vos deixo unha pequena mostra do traballo realizado polo alumnado de 6º de Primaria, durante unha das sesións de "Expresión Corporal" que realizamos na clase de Educación Física. GRAZAS POLO VOSO ESFORZO!!!! |
|||
Abanqueiro students rapping "The Earth Song" at YMCA Priego Camp. |
|||
Se queres seguir as actividades que está realizando estes días o alumnado de Inmersión Lingüística, podes facelo mediante estas instruccións: 1.- Accede a www.zonafamiliasymca.es 2.- Introduce o "usuario" e "contrasinal" que che enviamos ao móbil. 3.- Cando se inicie a sesión pulsa en "Resúmenes diarios" 4.- Pulsa sobre o calendario que indica a data. |
|||
O alumnado de Primaria foi premiado, un ano máis, polo Ministerio de Educación para participar no proxecto de Inmersión Lingüística. O terceiro ciclo de Primaria irá a un campamento onde compartiran actividades e experiencias con outro alumnado dun colexio de Cádiz, todo isto co inglés como lingua vehicular. Na prensa: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2013/10/09/ninos-colegio-abanqueiro-dominan-idioma-shakespeare/0003_201310B9C2991.htm?idioma=galego |
|||