Ed. Infantil. |
Seguen chegando máis fotos dos arco da vella que están facendo os nosos alumnos: |
|||
Séguenos chegando máis fotografías da actividade #todoiraben#, #euquedonacasa# Sara da clase de 5 anos co seu arco da vella Eloi da clase de 5 anos tamén nos enviou o seu arco da vella. |
|||
Xa empezan a chegar os primeiros debuxos da actividade #todoiraben#, #euquedonacasa# Lara da aula de 3 anos tamén nos fixo chegar o seu debuxo. Andrea da aula de 5 anos co seu arco da vella. |
|||
Onte celebramos os aniversarios do mes de Febreiro. Os homenaxeados foron David da clase de catro anos e Alessia da clase de tres anos. Moitos parabéns aos dous.
|
|||
O último mércores do mes de Xaneiro celebramos os aniversarios de Sara, Noa Fernández e Noa Romay. Parabéns ás tres. |
|||
|
|||
Remata o mes e xuntámonos para celebrar os aniversarios das nosas compañeiras. Parabéns a Martina, a Carmen e a Lía! |
|||
Hoxe é un día especial na nosa escola: conmemórase o día da diabete, que a partir deste curso está presente no noso día a día. As amigas de ANEDIA trouxéronnos a Raquel Queizás e aos seus contos para axudarnos a entendela e saber actuar. E que ben o pasamos!!! |
|||
O alumnado de infantil fomos ao teatro coa xente dos outros coles do concello!!! Pasámolo en grande e achegámonos á realidade dos contacontos e os guiñois. Graciñas ao Concello!!! |
|||
Como xa fixeramos en setembro coa xentiña nacida na época estival, este mes xuntámonos as aulas de educación infantil para celebrar os aniversarios do mes de outubro. Música, merendola e festa rachada! |
|||
Grazas á colaboración de Carolina e Aitana, tivemos unha performance no areeiro: convertímonos en mariscadoras e mariscadores por un día!!! Aprendemos como se faena e que mariscos viven principalmente nas nosas praias. Graciñas familias por axudarnos a aprender xogando!!! |
|||
|
|||
|
|||
|
|||
O 25 de marzo o alumnado de Infantil visitou a Queixería Bama Arquesan en Touro. Durante toda a xornada estiveron visitando as instalacións e vendo todo o proceso de fabricación. Incluso tiveron a oportunidade de probar a vestimenta que se usa na fabricación do queixo: gorros, delantais... A merenda, como non podía ser doutra maneira, fíxose con bocadillos de queixo Bama. Logo dun momento para o xogo, chegou a hora de traballar, e cada alumno e alumna elaborou o seu propio queixo que nuns días recibirán no colexio. |
|||