Sexto |
Bos días chic@s! Onte produciuse un empate nos relatos en cadea! Os relatos escollidos foron os de Xoán e Nicolás Rey. Parabéns chicos! Xa que se deu esta situación a próxima semana podedes escoller entre dous comezos para o voso relato. "Los gnomos pueden viajar entre dimensiones" "Había que buscar la otra puerta, ya que esta solo era de ida" |
|||
Hello again! |
|||
Hi! Que tal eses debuxos feitos con axuda das vosas mans? Por aquí xa comezaron a chegar algúns dos vosos debuxos, imos ver o traballo de... They are great! Good job. Thank you! |
|||
Ola de novo! Lembrade que mañá temos videoconferencia. Mesma sala, mesmo contrasinal e mesma hora (de 11.15 a 12.15 e de 12.30 a 13.30). Tede a man os auriculares. Adxunto o material para imprimir que imos usar ao longo da semana. Saúdos! |
|||
Bos días chicas e chicos! Que tal foi o fin de semana? O traballo para hoxe será: - Lengua: Relatos en cadena. O relato escollido foi o de Nicolás Rey, que remata en "Una puerta a otra dimensión". Os vosos relatos teñen que comezar con esta oración e lembrade que non poden superar as 100 palabras. Esta actividade está aberta para que a entreguen todas as persoas que queiran participar, non só o grupo que envía para corrixir. Mañá na videoconferencia votaremos o relato que máis vos guste, así que tedes ata hoxe ás 12 da noite para enviar os vosos textos. |
|||
Xa imos rematando as tarefas,esta semana que entra será a última delas ,pero queda unha para recordarvos cousas ,despedidas e demais. Animádevos nestes días que ides a facer de reporteiros!,aínda vos van a contratar nuha televisión!,jejeje... |
|||
Good morning! How was your weekend? O traballo para hoxe e para mañá consiste en facer o cuaderno do Past Simple do verbo TO BE na páxina LiveWorksheets que todos coñecedes xa. Dentro deste caderno hai 4 fichas, por iso volo reparto nestes 2 días. Algúns xa comezarades a facer algunhas, por iso cando entredes na aplicación vaivos saltar unha mensaxe dicindo que tedes que repetir o exercicio, clicade dende aí por que se ides ás fichas dende o caderno non volas deixa facer. |
|||
Ola chic@s! O traballo para mañá venres será: - Matemáticas: Imos comezar con Snappet, a ver que tal nos vai. Tedes colgada unha lección de matemáticas para traballar as unidades de lonxitude. - Sociais: Facede o control do tema 6. - Lingua: Expresión escrita: A noticia. Traballade co documento que vos enviei para imprimir. Envía para corrixir o grupo 3. Adxunto as correccións do traballo do mércores. |
|||
Bos días chic@s! O traballo para hoxe xoves será: - Lingua: Páxinas 168-169. Exercicios 1, 2, 3 e 4. - Matemáticas: Páxina 159. Exercicios 11, 12 e 13. - Naturais: Páxina 104. Exercicios 9, 10, 12, 13, 14 e 15. Entrega para corrixir o grupo 2. Adxunto a corrección do traballo do luns. Que pasedes un bo día! |
|||
Envieivos un abalar co usuario e contrasinal para acceder a Snappet. Saúdos! |
|||
Good morning! How are you? Hoxe ides facer a lección de Snappet que vos activei sobre a estrutura que vimos nesta última unidade 5: "have to" como obligación de ter que facer algo. Fixádevos ben. Have a good weekend! |
|||
Bos días chicas e chicos! O traballo para hoxe mércores é o seguinte: - Matemáticas: Páxina 158, exercicios 6, 8 e 9. - Sociais: Preguntas das páxinas 110 e 111. É o documento para imprimir "Sociais páxinas 110 e 111". - Lengua: Páginas 178-179. Ejercicios 1, 8, 9, 10 y 11. - Naturais: Páxina 104: 2, 3, 4, 6 e 7. Entrega para corrixir o grupo 1. |
|||
Hello everybody! Para a actividade de plástica desta semana, temos de novo un vídeo da estupenda Esther. She is amazing! Neste tutorial aprenderemos algúns trucos para facer debuxos sinselos utilizando as nosas mans, e así poder facer cousas tan chulas como estas: We will use our hands as a tool! A funny trick. Watch the video: |
|||
Hello again! Xa comezaron a chegar as vosas fotos das flores e da natureza, they are beautiful! Aquí temos as obras de... |
|||
Ola! Seguindo a nosa rutina mañá teremos videoconferencia. Mesma sala, mesma hora e mesmo contrasinal. Tede a man o libro de matemáticas do segundo trimestre e os auriculares. Se tedes anotada algunha dúbida tédea tamén a man para resolvela. Saúdos! |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »