Por tercer ano consecutivo acábannos de conceder o selo nacional de calidade eTwinning polo proxecto deste curso LINGOTURE. |
|||
Para todos aqueles que non puideron asistir.
A continuación poden dispoñer da presentación/resumo empregado na reunión de recepción de familias de novo ingreso no centro.
|
|||
Calendario de Fondo de Libros Tal e como indica a normativa, para dar publicidade ao calendario do proceso, a partir de hoxe os pasos a seguir para o Fondo de Libros será o que segue (sempre que a aplicación informática da Consellería de Educación nolo permita, polo que en tal caso podería haber unha flexibilización nas datas): |
|||
A ANPA NAPABÁN vén de colaborar co CEIP Plurilingüe de Abanqueiro na ampliación do material didáctico dixital empregado nas aulas. Material que se axunta ao xa disposto polo centro e que nos virá estupendamente para seguir traballando e aprendendo.
¡Moitas Grazas!
|
|||
Admitidos no centro e formalización de matrícula
No taboleiro do centro están expostas as listaxes definitivas de alumnado admitido para o curso 2021-2022. Todo o alumnado que solicitou admisión está admitido. Todos aqueles que non entregaran o documento de formalización de matrícula poderán facelo descargando, cuprimentando e entregando o documento axunto.
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
Publicación de Listaxes de admitidos no proceso de Solicitude de Admisión
Tal e como se indica na normativa, as listaxes de admitidos están publicadas no taboleiro do centro (non podendo publicarse esta listaxe por outros medios) De todos xeitos, ao non ter que baremar este curso, todos os solicitantes foron admitidos.
|
|||
Divulgación do portal informativo "Xanela aberta á familia"
Neste portal poderedes atopar artigos informativos sobre distintas inquedanzas e problemáticas que afectan ás distintas etapas do crecemento. Ademais, aquí poderedes ir directamente a un dos artigos: "O ABC do consello alimentario na infancia". |
|||
Como ben saben, todos os anos polo 8 de marzo convócase unha volga para facer visibles os problemas da muller. A xunta vén de establecer os servizos mínimos para os centros educativos, algo que o CEIP Plurilingüe de Abanqueiro cumplirá escrupulosamente. |
|||
|
|||
Recital poético de Rosalía de Castro. Alumnado de 5º e 6º E.P. "Airiños, airiños, aires" "Adios, ríos; adios, fontes..." |
|||
Esta foi a homenaxe que creamos entre o alumnado de Educación Infantil para celebrar o día de Rosalía. Feliz aniversario para a lingua galega, para a poesía e para a liberdade de elixir!!! |
|||
UN DÍA DE MERENDOLA DE ENTROIDO EN ABANQUEIRO. QUE BOS ESTABAN OS CHURROS CON CHOCOLATE E QUE BEN O PASAMOS TODOS DISFRAZADOS!!! |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »