Axudas de adquisición de material deportivo do Concello de Boiro
O Concello de Boiro vén de concedernos unha axuda para a adquisición de material deportivo que aproveitaremos para repoñer material deportivo estragado e adquirir algún material novo.
¡Moitas grazas ao Concello!
|
|||
Un ano máis queremos colaborar coa fundación Unoentrecienmil a través dunha carreira solidaria que terá lugar o venres día 22 de outubro. Pedimos a vosa colaboración para aportar 1€ por neno/a, ou a cantidade que consideredes, e así entre todos facer chegar a nosa axuda a esta investigación. Podedes consultar máis detalles a continuación: Moitas grazas pola vosa colaboración. |
|||
ASESORAMENTO TECNOLÓXICO DENDE O CEMIT DE BOIRO
Dende o CEMIT infórmannos que calquera usuario que necesite de asesoramento tecnolóxico (configuración dun dispositivo, dúbidas tecnolóxicas...) poden obter este asesoramento dende o CEMIT, sempre con cita previa. Ver cartaz de arriba. Ademais, dende o Consello Escolar Municipal e dende o CEMIT informámoslles que estamos preparando un itinerario formativo, para inicios do vindeiro ano, para as familias no que poderán acceder a: Nivel 1: Uso básico do dispositivo (PC, Móvil ou Tablet) e de plataformas de comunicación: videoconverencias, Abalar móvil... Nivel 2: Coñecementos básicos de Aula Virtual e edixgal para poder guiar/supervisar o traballo dos fillos e fillas. Nivel 3: Solicitude e uso de certificados dixitais (ou dnie, chave 365...) e realización de trámites administrativos básicos online. Para este itinerario, que poderá dispoñer de certa flexibilidade a adaptabilidade a diversos tipos de xornada de traballo, recibirán cumprida información cando esté a súa preparación finalizada. |
|||
|
|||
|
|||
Xornada de portas abertas e inscripcións no Equipo de Voleibol de Boiro.
O equipo de volveibol de Boiro realiza xornadas de portas abertas e abre inscripcións nos seus equipos base. A continuación poden ver algunhas das imaxes de difusión nas redes sociais.
|
|||
Escolas Deportivas do Concello de Boiro
O departamento de Deportes do Concello de Boiro organiza a edición XXIX das Escolas Deportivas Municipais para a tempada 2021-2022. As actividades comezan o 1 de outubro e o prazo para as inscricións abre o 15 de setembro. As Escolas Deportivas Municipais do Concello de Boiro engloban programas deportivos para persoas adultas e tamén infantís e xuvenís. A celebración das actividades está suxeita ás restricións específicas en materia de sanidade decretadas polas autoridades sanitarias como consecuencia da situación epidemiolóxica.
Máis información: |
|||
Convocatoria de reunión - ANPA Napabán
Estimadas familias, a ANPA Napaban convoca a todos os pais/nais (rogamos un asistente por familia) a unha reunión informativa, o vindeiro mércores ás 18:00 horas, no salón de actos do Centro Social de Abanqueiro. Moitas grazas pola súa asistencia. |
|||
Informacións sobre o inicio de curso 2021-2022 A continuación teñen unha batería de preguntas e respostas máis comúns para este inicio de curso, que non variará sustancialmente do curso anterior:
|
|||||
O ingreso farase na conta da ANPA NAPABAN de ABANCA Calle Principal nº 57 de Boiro. No momento do ingreso dar o nome do neno/a e o curso. O último día para pagar as cotas é o 11 de outubro. |
|||
|
|||
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata doce anos de idade, estes incluídos, para atención de necesidades de conciliación producidas entre o 1 de xaneiro e o 14 de setembro de 2021, de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares (código de procedemento BS412A), así como proceder á súa convocatoria.
Máis info en: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS412A&ano=2021&numpub=1&lang=gl
|
|||
|
|||
AXUDAS POS DO CONCELLO DE BOIRO Ata o 15 de novembro está o prazo aberto para solicitar as axudas POS que se tramitan dende os Servicios Sociais de Boiro. É interesante a liña:
Axudas ás familias para gastos que faciliten a escolarización, material informático, acceso aos medios dixitais valoradas polos profesionais dos servizos sociais comunitarios. Axúntase as bases da convocatoria |
|||
Por tercer ano consecutivo acábannos de conceder o selo nacional de calidade eTwinning polo proxecto deste curso LINGOTURE. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »