Queremos agradecer a colaboración das familias na recollida de alimentos en favor de Cáritas. |
|||
A continuación disporán da emisión do festival. De producirse algún erro de retransmisión, nesta mesma páxina, procederemos a intentar solventar o problema. |
|||
A continuación poden consultar a listaxe de alumnos admitidos para a distribución de máscaras. Este listado tamén se atopa no taboleiro do centro. |
|||
3º PISTA ATENCIÓN!!!! Bo día a todos amig@s! Esta mañá, recibimos unha nova pista de Pita, unha policía municipal, atopou dúas plumas de cores que divisou moi preto do Concello. Como está sendo moi mediática esta gaivota, xa todos saben que o seu niño mora aquí, no colexio de Abanqueiro, e polo tanto veñen a traernos o recado. |
|||
|
|||
|
|||
AXUDAS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MASCARILLAS
Dende hoxe, hai un prazo de 10 días para solicitar as axudas para a merca de mascarillas para o alumnado de Educación Primaria.
Nota: Axúntase a solicitude en formato pdf. |
|||
|
|||
O 14 de novembro celébrase o Día Mundial da Diabetes. Ao longo desta semana fixemos diferentes actividades para darlle visibilidade a esta enfermidade e hoxe elaboramos un pequeno video de apoio para os nosos dous heroes de capa azul. ÁNIMO CAMPIÓNS! |
|||
Programación Cultural de Novembro do Concello de Boiro
O Concello de Boiro vén de publicar a súa programación cultural para o mes de novembro. Poden consultala premendo na imaxe ou na seguinte ligazón: Programación Novembro.
|
|||
O proxecto de biblioteca deste curso augura vivenzas moi interesantes... A primeira foi a visita aos castros de Neixón e o seu pequeno museo!!! Comezamos o alumnado de infantil, pero iremos todas as aulas. E seguro que todas aprenden moitísimo, coma nós!!! Suxerímosvos visita en familia. Gozamos moito moitísimo e faltounos tempo!!!
Pica na fotogtrafía e verás un pequeno vídeo que resume a visita |
|||
Estamos moi contentos porque fomos premiados co Selo de Calidade Europeo polo proxecto de eTwinning LINGOTURE que levamos a cabo ao longo do curso pasado na área de inglés co alumnado de 4º e 6º de primaria. |
|||
Onte tivo lugar no noso centro a carreira solidaria en favor da Fundación Unoentreciemil que apoia a investigación sobre a leucemia infantil. Moitas grazas pola vosa colaboración, entre todos recaudamos un total de 496,49€, axuntamos o xustificante do ingreso. Deixámosvos un pequeno resumo a continuación. |
|||
1º PISTA ÚLTIMAS NOVAS!!!!! Ola amig@s, acabamos de saber a localización da primeira pluma da gaivota Pita. Que emoción!! Estamos moi ansios@s por saber que nos preparou nesta primeira aventura esta gaivota tan intrépida. Ide coa vosa mestra/e ao mapa da entrada do cole, alí veredes a primeira pista do lugar que visitaremos. Será sensacional, aprenderemos moitas cousas!! |
|||
Pacto das alcaldías para o clima e a enerxía sustentable (PACES) do Concello de Boiro
O Concello de Boiro traballa na elaboración dun Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable (PACES), unha acción que ten como obxectivo elaborar un documento final cunha serie de tarefas que permitan acadar uns obxectivos medioambientais e que sirva como folla de ruta contra o cambio climático dende o Concello. Para a elaboración deste documento é fundamental a participación cidadá e coñecer a opinión da veciñanza sobre determinados aspectos medioambientais. Podes responder a enquisa AQUI.
O Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable é unha iniciativa europea para que os gobernos locais implanten no seu territorio compromisos en materia de clima e enerxía da Unión Europea. O Concello de Boiro adheriuse en 2019 co compromiso de reducir as emisións de CO2, aumentar a eficiencia enerxética ou aumentar o uso de enerxías renovables. Para levar a cabo este proxecto o Concello de Boiro conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e tamén do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) da Unión Europea, xa que está subvencionado ao abeiro das axudas destinadas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »