TICs |
Os rapaces e rapazas de Educación Infantil e 1º curso de Primaria participaron na creación dunha curtametraxe para "Nós tamén creamos"; coa axuda das mestras de Educación Infantil, a titora de 1º e as mestras de música e educación física. Esta curta exhíbese, xunto con outras, na páxina da CRTVG. Para poder vela cantas veces queirades, só tes que pinchar na imaxe! Noraboa polo voso traballo!!
|
|||
Dentro do noso interese polo uso das TICs como unha ferramenta máis na aula, este curso 2013-2014, iniciamos un proxecto de aulas dixitais en 5º e 6º de Primaria. Cabe recordar, que tódalas aulas contan con ordenadores e pouco a pouco estamos equipándoas con encerados dixitais (neste momento contan con encerados a aula de 1º, 2º de Primaria e Inglés). |
|||
Antes de nada queremos darvos a benvida a este novo curso 2013 - 2014 que empeza. |
|||
Noemí de 4º de Primaria entrevistou á súa amiga Susana. Entrevista realizada dentro das actividades de Maio Cultural organizadas polo Equipo de Biblioteca e Normalización Lingüística. 6:32 minutes (2.99 MB) |
|||
Nerea de 6º de Primaria entrevistou á mestra de 2º de Primaria: Joaquina. Entrevista realizada dentro das actividades de Maio Cultural organizadas polo Equipo de Biblioteca e Normalización Lingüística. 3:47 minutes (3.47 MB) |
|||
Iker de 6º de Primaria entrevistou á conserxe do Colexio: Irene. Entrevista realizada dentro das actividades de Maio Cultural organizadas polo Equipo de Biblioteca e Normalización Lingüística. 2:16 minutes (2.07 MB) |
|||