Infantil e Primaria |
O día da muller traballadora adicámolo as mulleres científicas preparando traballos de Arts e nas titorías cun acto no que expuxéronse os traballos e xogamos co realizado en Arts.
No seguinte sites podedes ver o que fixemos: |
|||
Unha vez rematado o Entroido é o momento de compartir con todos vós as instantáneas destas festas. Esperamos que vos gusten. |
|||
O pasado xoves 2 e venres 3 de febreiro, o alumnado de Abanqueiro visitou o Pazo de Goiáns, alí aprendemos moito sobre árbores centenarias e tamén estivemos prantando. Logo puidemos entrar no Pazo e aprender un pouquiño da súa historia. Encantounos a historia da serea Mariña. Aquí vos deixamos unha reportaxe da nosa visita. |
|||
Queremos agradecer o traballo e o esforzo das nenas e nenos de Abanqueiro nas diferentes actuacións do Festival de Nadal. Tamén queremos agradecer a colaboración das familias para que de forma cívica este acto se puidera levar a cabo. No seguinte enlace podedes atopar todas as actuacións: |
|||
O pasado 8 de novembro o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º fomos Á Coruña a visitar o planetario da Casa das CIencias no quel aprendimos moito sobre as estrelas e as constelacións. Pola tarde fomos ao acuario Finisterrae, que é espectacular. A continuación un enlace con fotos da visita a cidade herculina. |
|||
Seguindo co noso proxecto deste primeiro trimestre, a Astronomía, onte o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria, tivo a oportunidade de adentrarse nun planetario e facer unha viaxe espacial ata a lúa. Pasamos ao ladiño de moitos planetas e aprendimos un montón de cousas sobre a noso Sistema Solar. Foi apaixonante!! |
|||
Este luns visitou o noso centro Sara Barbeito, enxeñeira aeroespacial, que nos ensinou un montón de cousas sobre a vida no espazo e como chegar a ser astronauta. Moitas grazas Sara! |
|||
|
|||
3º PISTA ATENCIÓN!!!! Bo día a todos amig@s! Esta mañá, recibimos unha nova pista de Pita, unha policía municipal, atopou dúas plumas de cores que divisou moi preto do Concello. Como está sendo moi mediática esta gaivota, xa todos saben que o seu niño mora aquí, no colexio de Abanqueiro, e polo tanto veñen a traernos o recado. |
|||
INFORMACIÓN INÉDITA!!!! Boa tarde amig@, informarvos que recentemente dúas nenas deste colexio atoparon a 2ª pista de Pita. Que nervios!!!!! |
|||
O 14 de novembro celébrase o Día Mundial da Diabetes. Ao longo desta semana fixemos diferentes actividades para darlle visibilidade a esta enfermidade e hoxe elaboramos un pequeno video de apoio para os nosos dous heroes de capa azul. ÁNIMO CAMPIÓNS! |
|||
1º PISTA ÚLTIMAS NOVAS!!!!! Ola amig@s, acabamos de saber a localización da primeira pluma da gaivota Pita. Que emoción!! Estamos moi ansios@s por saber que nos preparou nesta primeira aventura esta gaivota tan intrépida. Ide coa vosa mestra/e ao mapa da entrada do cole, alí veredes a primeira pista do lugar que visitaremos. Será sensacional, aprenderemos moitas cousas!! |
|||
Bo día rapazada! Como lembraredes, levamos dúas semanas na procura da nosa mascota Pita. O seu sitio preferido era estar pendurada no teito da biblioteca, alí víavos cando íades a ler, facer deberes, escoitaba as vosas risas, vía como buscabades os libros e vos alegrábades cando por fin, atopabades o que máis vos gustaba. Ela era moi feliz, sempre estaba co sorriso no peteiro, pero ven o COVID e comezou a volverse gris, triste, sentíase moi soíña e super aburridaaaaa!!!! |
|||
Aviso importante: Queremos comunicar a desaparición da gaivota Pita, a nosa mascota do cole. Solicitamos a colaboración de todos vós, na búsqueda de Pita. Foi vista por última vez o pasado martes 21 de setembro, nunha fiestra da biblioteca. Por favor, se alguén ten novas dela, rogamos encarecidamente se poña en contacto co titor/a ou con dirección. Un cordial saúdo. |
|||
O APALPADOR |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »